privatización da telefonía-segue (15/05/09)

Sen ánimo de polemizar e para que sirva de aclaración facemos este segundo comunicado.

Ler o comunicado.

privatización da información telefónica (15/05/09)

 

A Universidade privatizou o servizo de atención telefónica sobre o Plan Boloña. 

GSS é unha empresa de telemarketing con varias sedes no Estado, entre elas A Coruña, pero tamén en latinoamérica. Últimamente estas empresas son moi dadas a desviar a atención telefónica a países latinoamericanos para abaratar custos (desde aquí a nosa solidariedade cos compañeiros/as de ATENTO despedidos/as).

 A empresa GSS que realizará o “servizo”  foi contratada polo PP no ano  2007 para recoller inquedanzas e loar o traballo do Partido Popular en Madrid (os sindicatos teñen en marcha unha grande loita contra a política de privatizacións de Esperanza Aguirre) . 

http://www.contactcenter.es/numero35/sectores/sectores35_2.html

 Ler a nosa opinión

Prensa da Coruña

constitución da sección sindical (03/11/08)

O 30 de outubro constituímos a Sección Sindical. 

As seccións sindicais son unha instancia organizativa dos sindicatos no interior da empresa.

Non obstante, o noso sindicato non quere facer algo pechado, estando abertos á participación e as aportacións de todos/as os/as compañeiros/as, sen que a afiliación sexa requirida para a participación.

Somos conscientes de que nacemos dunha iniciativa asemblearia e queremos continuar con esa dinámica. 

Xuntámosvos as primeiras decisións tomadas que xa transmitimos á empresa

pdi, xubilación por incapacidade (23/09/08)

O vello mito (timo) de que, xunto co persoal docente, formamos parte da comunidade universitaria, e, polo tanto uns coma outros somos traballadores subxetos a dereitos e deberes homólogos, cae polo seu propio peso.

Outra mostra desta desigualdade decidiuse no Consello de Goberno do 3 de abril de 2008 (aínda que tarde, informámosvos por si non o sabiades ).

Cando nos tocará ao PAS?

Onde estaban, e están, os nosos representantes para reclamar o mesmo?

Resumo consello de goberno. Anexo14

formación (25/08/08)

Nesta universidade a formación é un ben escaso e, para algunha categoría profesional, inexistente.

A institución lávase a cara facendo enquisas que, en moitos casos, non conclúen en ningún acto formativo.

Entre toda esta carencia, de vez en cando, aparece unha convocatoria interesante para algúns traballadores/as, desgraciadamente as bases ocúpanse de desilusionalos.

Recentemente publicouse unha convocatoria de curso na páxina web da universidade, xuntámosvos a nosa análise