O PASquín


Nº 02 -  setembro 2009     

 

Negociación  convocatorias

PAS Laboral. Novidades

Da análise das convocatorias enviadas e do decurso da negociación constátase que para a Universidade este proceso de convocatorias non é máis que un proceso normal de oposición coas facilidades negociadas pero só para a fase de concurso.. máis » 

Proposta inicial - acordo

PAS Laboral. Novidades

Comparación entre a proposta inicial da xerencia e o acordo acadado. máis »

Apórtanos a túa opinión

Opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc,com
Actualidade:

O Supremo di que a baixa non computa como parte das vacacións
Deste xeito, o Alto Tribunal indica na súa sentencia que as empresas non só teñen a obriga de fixar ou pactar a data na  que o traballador  gozará do seu descanso anual, senon que tamén "deben revisar aquellos supuestos en los que un hecho posterior impida al empleado disfrutar de su periodo vacacional".
máis »

 

 

 



Actualidade:

A ideoloxía subxacente a Gürtel

Joan Garí  (Publico)

Estes conservadores xenéticos non poden entender o que lles pasa. Eles merécense eses traxes, eses bolsos, eses millóns –esa pastuqui.  Eles son o poder en estado puro máis »

 2010, conxelación salarial?

Novidade

Os cartos que se lle entregan á banca (sendo, segundo o ministro, a culpábel da crise), parece que sairán dos petos dos funcionarios/as.
De  consolidarse, isto bota abaixo a falsa ilusión do sindicalismo morno e pactista sobre a posibilidade dun reparto equitativo das consecuencias da crise. O papanatismo co que as organizacións sindicais están afrontando a crise, con 4 millóns de parados e unha posibilidade recoñecida por eles mesmos de que poden chegar aos 5 millóns, sen resposta algunha indica por onde irán os tiros. Nós apoiaremos todas as accións mobilizadoras que  se convoquen para dar resposta a esta nova agresión.. máis »

Fan falta cartos nas universidades?

Opinión

Parece que as necesidades económicas angustian ás universidades públicas galegas. Asinaron un plano de financiamento para o período 2005-2010 que, ao pouco tempo, xa se amosou como insuficiente. A Xunta de Feijóo móstrase remisa a renegocialo.
Pensamos, desde o noso sindicato, que a universidade pública debe proporcionar un ensino de calidade e accesible para todos/as os/as galegos/as.
Pensamos que a Universidade debe ser, tamén, un motor do desenvolvemento tecnolóxico do país.
O poder político ten a obriga de garantir esa calidade necesaria na docencia e investigación pública, polo tanto non entendemos a política de solicitude mediante o rogo, si é necesario reivindicar ese financiamento que se faga de xeito claro, directamente e fuxindo de esmolas. máis »

A crise económica:

Multiplícanse os EREs, o paro increméntase exponencialmente, redúcese o consumo pero a banca, un dos factores importantes na xénese da crise sigue facendo o seu agosto particular (sube comisións e restrixe os créditos).

Por outro lado, mentres que o presidente do Banco de España pide contención en todos os aspectos que afectan aos traballadores e pide a xubilación aos 70 anos, os bancos utilizan as axudas económicas para as súas prexubilacións

Así cinguen o cinto.



Anteriores:


 

 

En xogo, a nosa identidade.

 

Este é o culpabel