Universidade

O PASquín pecha
11 de marzo de 2019 | Estimad@ compañeir@ estás diante do que será o último boletín que publicamos, o medio de expresión do noso sindicato na Universidade da Coruña. Detrás quedan arredor de 10 anos nos que semanalmente intentamos informar das cuestións máis relevantes que afectaban ao noso colectivo pero sen esquecer o que aconteceu, tanto na órbita da universidade, como fóra dela.
Universidade

Despedimentos na universidade
11 de marzo de 2019 | O BOE do 7 de marzo de 2018 publicou a Resolución de la Universidade da Coruña, por la que se anuncia la licitación para la contratación del servicio de seguridad y vigilancia y controladores en la Universidad de A Coruña. (Expediente: 2018/4002)
Universidade

APA NON abrirá o local no CUR
11 de marzo de 2019 | Comunicámosvos que non abriremos, de momento, o local que se nos asignou no CUR
Universidade

Carreira profesional no Concello de Compostela
11 de marzo de 2019 | No seu día publicamos o acordo entre CCOO e UGT coa Xunta de Galiza ao respecto da carreira profesional d@s súas traballador@s. Na nosa análise explicitabamos o rexeitamento á súa sinatura. Nestes últimos días asinouse un acordo de carreira profesional no Concello de Compostela ben diferente ao asinado na Xunta que ben pode ser un referente a ter en consideración á hora de negociar este importante dereito na UDC.
Universidade

Eleccións sindicais 2019
11 de marzo de 2019 | O proceso de eleccións sindicais na UDC continúa o seu proceso normal. O pasado día 7 constituíronse as Mesas Coordinadoras e entregouse ás centrais sindicais e agrupación electoral o censo provisional.
CUT - Citroên

Beneficios PSA Vs beneficios traballadores/as
11 de marzo de 2019 | O xoves 21 Yonn Vincent (director Industrial PSAJ xunto con Muñoz Codina (director Clúster Ibérico) demandáronnos aos traballadores/as que se apliquen de forma urxente e eficaz as mellores prácticas en CALIDADE. CUSTES E A REALIZACIÓN DA PRODUC!ÓN AO NOMINAL, despois de analizar os indicadores de calidade e performance industrial.
Alternativas na Xustiza-CUT

A discriminación da EGAP
11 de marzo de 2019 | No DOG do 13 de febreiro publicouse RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2019 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para ou persoal ao servizo dás administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos ( PAS) dás tres universidades do Sistema universitario de Galicia.
Defende a Galega

Persoal da CRTVG denuncia novos atrancos para facer visible a folga feminista
11 de marzo de 2019 | No pasado mes de setembro, o TSXG condenou a CRTVG por vulnerar o dereito á folga na xornada de mobilización feminista do pasado 8 de marzo. Fïxoo cun decreto de servizos mínimos que o tribunal considerou froito dun "comportamento malicioso" do Goberno galego que lle mereceu un "rotundo rexeitamento" e que atrancou o exercicio deste dereito fundamental en, cando menos, tres departamentos da Administración autonómica e mais na Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG)...
CUT - CRTVG

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ordena á CRTVG o inmediato cumprimento de sentenza
11 de marzo de 2019 | Diante do incumprimento realizado pola CRTVG da sentenza de Conflito Colectivo 44/18, que anula a atribución unilateral pola CRTVG aos seus redactores e redactoras do labor de edición básica de vídeo, por tratarse dunha modificación substancial de carácter colectivo das súas condicións de traballo, vímonos na obriga de requirir a “execución da sentenza”.
Lexislación

Entra en vigor o Real Decreto Lei de medidas para a igualdade de trato e de oportunidades no emprego e a ocupación
11 de marzo de 2019 | Hoxe publicouse no BOE o
RDL 6/2019, do 1 de marzo, de medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación.
Estado

O BOE certifica as 37,5 horas dos funcionarios
11 de marzo de 2019 | Moit@s traballador@s depositar@n a súa confianza en que o paso do PSOE polo goberno modificaría dun xeito substancial a situación socio-laboral, devolvendo os dereitos que no seu día o PP (e o propio PSOE) nos expropiaran. Mesmo algún sindicato atopou, coa ocupación da poltrona estatal polo PSOE, a escusa para desconvocar a folga fantasma que convocara en Galiza.
Sentenza

Pau do Tribunal Supremo ao Congreso dos Deputados
11 de marzo de 2019 | O Tribunal Supremo (TS),
en sentenza ditada o pasado 25 de febreiro, anula a adxudicación da praza de Xefe do Departamento de Asistencia Xurídica ao Pleno e á Xunta de Portavoces, da Dirección de Asistencia Técnico- Parlamentaria da Secretaría Xeral do Congreso dos Deputados, deixando sen efecto o nomeamento efectuado e recoñecendo á recorrente o dereito a que se lle adxudique o posto convocado con todos os efectos desde a data de resolución do concurso.
Folga feminista - 8M

O feminismo galego volve desbordar noutro 8M histórico na loita pola igualdade
11 de marzo de 2019 | É difícil pensar nun movemento social e político que sexa quen de facer historia dúas veces en doce meses na Galicia da segunda década do século XXI. Nun movemento que non sexa o feminismo.
CUT - 10 de marzo. Día da clase obrerira galega

10 de marzo, semántica de vencer
11 de marzo de 2019 | A historiografía española tende a manipular a semántica, ademais da propia historia. Chamoulle transición á restauración borbónica e novo bipartidismo do ano 78, chamoulle monarquía parlamentaria a unha xefatura de estado elixida polo ditador, chamoulle bandeira constitucional á bandeira franquista da que sacaron o aguilucho, chamoulle reconciliación ao esquecemento das vítimas e amnistía dos asasinos, chamoulle tardo franquismo e aperturismo a eses inicios dos anos 70 cando mataron a Moncho Reboiras, a Humberto Baena, a Sánchez Bravo... cando mataron a Daniel e Amador.
Sindicato Labrego Galego

O Sindicato Labrego Galego celebra esta fin de semana en Nigrán o XIV Encontro da Secretaría das Mulleres
11 de marzo de 2019 | O Sindicato Labrego Galego presentou, o 6 de marzo, o XIV Encontro da Secretaría das Mulleres. Foi a responsábel desta área da organización agraria, María Ferreiro, a encargada de comparecer diante dos medios de comunicación para falar dun evento que, nesta ocasión, versará sobre “Corpo e Territorio”.
Loita Social - Documental

Redes contra a política do espolio
11 de marzo de 2019 | Reportaxe documental realizada por Xose Bocixa Rei para Nós Televisión sobre as organizacións cidadás que se están a formar na área da comarca compostelá como resistencia á destrucción que empresas enerxéticas, mineiras e a xestión do lixo están operando en todo o territorio galego e á non actuación da Xunta de Galicia para evitalo, investigalo e emendalo
Sanidade Pública

Problemas en varios PACs por falta de médicos e enfermeiras
11 de marzo de 2019 | A Xunta obriga a un 100% de servizos mínimos na folga dos Puntos de Atención Continuada (PACs) do SERGAS; pero o certo é que a propia Administración non dota todas as prazas con médicos e enfermeiras suficientes, denuncian @s folguistas
Lingua - A Mesa Pola Normalización Lingüística

Queremos Galego comeza en Lugo unha campaña a prol da liberdade para o galego
11 de marzo de 2019 | Queremos Galego amosou esta mañá diante do Concello de Lugo a repulsa social á sentenza “ideolóxica” do Tribunal Supremo (TS) contra a ordenanza de normalización lingüística aprobada por unanimidade o 2012
CARTAS QUE RECIBIMOS

As vosas colaboracións
11 de marzo de 2019 | Espazo aberto á vosa participación
Represión

A Audiencia Nacional ratifica as condenas de ata 13 anos contra os mozos de Altsasu
11 de marzo de 2019 | A AN ratifica as penas de prisión dos mozos de Altsasu Jokin, Adur, Jon Ander, Julen, Ainara, Aratz e Oihan e rebaixa en tres anos a de Iñaki Abad
Modepen

A pobreza ten cara de muller: Pleno e inmediato funcionamento da Lei de Dependencia
11 de marzo de 2019 | Segundo o Movemento pola Defensa das Pensións Públicas (Modepen) “FENDA DE XÉNERO: A POBREZA TEN CARA DE MULLER”, a mediados do ano 2018 había 1.730.000 solicitantes, dos cales se resolveran 1,6 solicitudes. Delas, 1,27 millóns de persoas son beneficiarias con grao recoñecido de dependencia e dereito a prestación, fronte a 330.248 que non teñen grao recoñecido e o 90% das súas coidadoras son mulleres.
Opinión - Adolfo Naya

Amancio Ortega: O milagre da exploração
11 de marzo de 2019 | Em 1844 aparecia no peirao de Deptfort (Inglaterra) o corpo duma moça de 18 anos, chamada Eliza Kendall, ela suicidara-se por não poder pagar as dívidas que tinha cós intermediários duma empresa de têxtil. O trabalho “livre” de Eliza e de tantas trabalhadoras do têxtil da época estava composto por uma rede de subcontratas para abaratar custes, que levava a moitas das trabalhadoras a pedir créditos para subsistir.