NÚMERO 280 - 06/07/2015
CUTUDC / Novidades
Asistimos nos últimos tempos, a como dende os medios de comunicación dun xeito incansable, martélase constantemente, con termos como: prima de risco, mercados financeiros, débeda, déficit, FMI, axustes, recortes, etc. Conceptos, que en definitiva, poñen de manifesto a voracidade do capital neste momento da historia.
Nese gotexo
constante de información manipulada conscientemente
e difundida polos seus medios de propaganda co fin
de infundir medo na poboación, vemos como os
grandes beneficiados polas políticas dos gobernos,
os que levan todo o pastel, son entre outros o IBEX
35, as transnacionais, a banca, os mercados
financeiros... e unha vez máis e coma sempre, as
grandes esquecidas somos as persoas que ollamos
como se deterioran as nosas condicións de vida.
Fronte a este sufrimento provocado polos distintos
poderes, a “casta” política pretende agochar a
miseria cunhas políticas sociais miserables. Coa
boca grande os distintos gobernos falan de medidas,
de plans, de partidas...: das faragullas do pastel,
que son totalmente inútiles para combater a
desigualdade e inxustiza crecente que padecemos.
Declaracións que soan a mofa, que son
insultos para aquelas que sufrimos: os longos meses
sen recursos, os despexos, os cortes de luz, os
meses de agarda pola axuda no fogar...
Na Galiza, Feijóo e Caballero xogan ao mesmo. Ambos
son exemplos de como empregar estas políticas para
desmobilizar, para representar que “se fan cousas”,
para gañar votos; en definitiva para deformar as
causas do empobrecemento evitando así transformar e
superar un sistema fracasado para as persoas e a
natureza. Neste terreo o alcalde de Vigo é alumno
avantaxado, as súas mentiras e o seu grao de
cinismo o colocan na cume desta nova forma de
gobernar. Non ten reparos en mentir dicindo que en
Vigo ninguén dorme na rúa ou que vivimos nunha
cidade sen despexos xa que el os evita chamando aos
bancos.
Pero a realidade é teimuda e de cando en vez
aféalles os seus titulares. Dous exemplos recentes:
- Un ano de agarda pola RISGA. As
traballadoras sociais do Concello de Vigo están a
tramitar expedientes de RISGA de febreiro. A
delegación da Xunta en Pontevedra está a tramitar
expedientes desta axuda social que entraron en
febreiro. Situacións que incumpren a propia lei que
fixa en tres meses o tempo máximo para ter resolto
un expediente dende a entrada do mesmo en calquera
dos rexistros.
- Dous despexos ao día en Vigo no que levamos de
ano. Nos primeiros seis meses de 2015, 349
propietarias de Vigo pediron nos xulgados que boten
das casas ás inquilinas por non pagamento da renda
mensual. Unha cifra de demandas un 15,7 % máis alta
que hai un ano.
Algunhas non precisamos comprobar nos xornais o
miserable que son as súas políticas xa que as
padecemos na nosa vida cotiá. Por iso buscamos
saídas colectivas na denuncia, no apoio mutuo, na
información ao servizo dos nosos dereitos, na
desobediencia, na experimentación -aquí e agora- de
formas de vida que superen o capitalismo.
Sentimos noxo: coas nosas necesidades non se fai
negocio! Para todas, todo!
Xullo 2015
ODS-Coia
---
Algunhas novas:
- Feijóo presenta un plan contra a pobreza sen
dotación económica >
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/24496-feijoo-presenta-plan-pobre...
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript