Xullo de 2015
 
 

NÚMERO 280 - 06/07/2015

   CUTUDC / Novidades

  LEI MORDAZA
 

O Goberno totalitario móstrase implacable e encantado coa súa 'lei mordaza' e descarta que vaia suavizar a súa aplicación

O secretario de estado de Seguridade, Francisco Martínez, negou este venres que a nova Lei de Seguridade Cidadá, a chamada 'lei mordaza', vaia aplicarse de xeito menos estrito debido ao contexto preelectoral, e subliñou que é a propia lei a que modula a súa aplicación.

 

  • Noticias relacionadas

 

Nunha entrevista en RNE recollida por Europa Press, Martínez asegurou que a lei "vaise aplicar perfectamente e sen ningún tipo de excesos", porque ademais, segundo as súas palabras, a propia lei non os permite". O que obvia Martínez son as trampas que a lei esconde ao cidadán.
 
Segundo dixo, os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado recibiron a formación axeitada e están afeitos aos cambios. Argumentou que se se enviou aos axentes unha circular con instrucións non é porque haxa temor a excesos senón porque algunhas novidades "requiren precisións de índole técnica". Referiuse en concreto á obriga de que as identificacións teñan unha duración máxima e só se traslade aos afectados a comisaría en circunstancias excepcionais e deixando constancia nun libro de rexistro.
 
Oda ás supostas virtudes da lei
 
Martínez non reparou palabras á hora de gabar as supostas "garantías" da nova lei, e que, segundo el, levaban tempo pedíndoas algúns dos que agora a critican, ao igual que outra novidade da lei, que se castigue o uso de punteiros láser contra os pilotos, definido como "vandalismo aeronáutico" por partidos que hoxe se opoñen á lei.
 
Por iso, preguntouse que aspectos da lei quererían derrogar os partidos da oposición se chegan ao Goberno, se a prohibición de redadas con criterios étnicos, o uso indebido de armas de fogo ou explosivos ou a prohibición de comercio sexual xunto a escolas ou parques infantís. "Pareceríame difícil de explicar a derrogación dalgunhas cousas", dixo.
 
Tamén defendeu que a lei "protexe o dereito de manifestación" porque sanciona os que rebentan manifestacións". Segundo dixo, a violencia na rúa tivo un custo de 49 millóns de euros en dous anos. Non obstante, a nova norma está enchida de artigos ambiguos que non especifican con exactitude a gravidade dos feitos sancionables.
 
Tamén afeou os detractores da lei pidan que que se aplique con contundencia a lei contra a violencia no deporte e non queiran castigar "aos mesmos grupos" cando promoven violencia fóra do estadio.
 
Ao seu xuízo, falar da lei como 'lei mordaza' é facer "unha caricatura" para criticala pero "parte dun gran descoñecemento". "As críticas non se basean no texto senón nunha deformación deste", alegou. Martínez confía en que o Tribunal Constitucional avale a lei porque cre que o seu criterio será "exclusivamente xurídico e técnico".
 
Ameaza yihadista
 
Por outro lado, preguntado pola ameaza yihadista, puntualizou que a alerta antiterrorista se elevou ata o nivel 4, dun total de 5, non por unha ameaza específica contra España senón que porque o contexto internacional é "especialmente complicado" e o venres pasado houbo varios atentados simultáneos, algúns en sitios tan próximos como Francia ou Túnez.
 
Ademais, destacou que en xuño se rexistrou unha actividade crecente e "dunha crueldade fanática" nas redes sociais, con grande intensidade na difusión de vídeos do chamado Estado Islámico. "Nesa actividade vimos crecer a ameaza".
 
Axencias
 
Recollido de Kaosenlared
 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript