NÚMERO 280 - 06/07/2015
CUTUDC / Novidades
Os milicianos do Estado Islámico cren que se morren en combate ás mans dunha muller, as súas almas arderán no inferno, ao contrario do que sucedería se caen ás mans dun home. Tendo en conta isto, os curdos, que combaten na súa rexión contra o avance do EI (tamén coñecido como ISIS), formaron un batallón feminino para atormentalos e facelos retroceder. Alí, as mulleres loitan pola súa liberdade en todas as frontes: tanto na guerra, coma na sociedade curda.
A cidade siria
de Serekaniye (Rentes Al-Ayn), de maioría curda, é
a última gran cidade lindante co
Estado Islámico (EI). A única forza que protexe
Serekaniye do grupo terrorista son as Unidades
curdas de Protección Popular (YPG). Dende 2012,
unha parte importante das YPG está integradas pola
súa sección feminina, as YPJ, que combaten o EI.
As mulleres curdas, moitas das cales apenas saían
da súa casa consagradas aos traballos
domésticos, únense valentemente a estas
unidades que desafían o EI, que no seu día anunciou
que calquera home que morra ás mans dunha muller
irá ao inferno.
RT viaxou ata un dos campamentos onde as mulleres,
todas mozas solteiras, se adestran durante só un
mes antes de entrar en combate contra o EI, que se
encontra a tan só 3 quilómetros do seu campo, polo
que o combate pode empezar en calquera momento.
"Organizamos estes campamentos onde se dan as
condicións apropiadas e cambiamos de lugar
constantemente", explica a comandante das YPJ,
compañeira Tolhildan ('Vinganza').
Despois dun mes de adestramentos, as mozas
diríxense
á fronte, onde no mellor dos casos loitarán
durante dous meses, despois do cal poderán regresar
á súa casa só por un día ou dous, antes de volver
ao campo de batalla.
Os pais de Gulán, unha moza curda de 18 anos de
idade a quen RT segue no seu camiño ao campamento,
son conscientes de que ela pode morrer.
Aínda así, queren que vaia ao campo. E non porque a
queiran, senón todo o contrario. "O EI atacounos.
Lévanse aos nosos nenos, córtannos as cabezas.
Secuestran as nosas fillas e
deshónranas", relata o pai de Gulán. "Rezo para
que nunca a tomen como refén. E se acontece, que se
dispare a última bala que lle quede," agrega.
Gulán uniuse ás filas das YPJ non só pola súa
propia seguridade ou polo amor á patria. "O meu pai
quéreme, non é certo? Como podo demostrarlle o meu
amor? Irei a combater o inimigo para que el estea a
salvo e se senta orgulloso de min", confesa. Pero
ademais existe unha motivación social, xa que non
quere seguir vivindo nun mundo controlado por
homes, despois de todo polo que pasou.
"Criámonos nunha sociedade que obriga a muller a
dedicarse unicamente ás tarefas da casa e na que os
homes consideran ás mulleres como a súa propiedade,
como un adorno, e non lles permiten saír de casa.
Para unha muller casar é como caer prisioneira.
Considerando a mentalidade da nosa sociedade, non
se pode nin contemplar a posibilidade de que as
mulleres casadas formen parte das Unidades de
Protección Femininas. Queremos crear unha nova
sociedade", sostén.
Que lle deparará o futuro a Gulán e a outras mozas
curdas no campamento de adestramento? Véxao no
programa Especial de RT.
VIDEO
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript