NÚMERO 280 - 06/07/2015
CUTUDC / Novidades
Continúa o xogo electoralista do PP cos traballador@s públic@s, os globos sonda sucédense unha cadencia que parece que non ten remate, fai algo máis dunha semana parecía seguro que o goberno central tomara a iniciativa de proceder á devolución non só da parte da paga extra de 2012 que non se nos devolvera, os rumores apuntaban tamén a que se nos devolvería algún día de asuntos particulares que se nos recortara.
A ese rumor difundido de xeito
interesado por membros próximos ao executivo e
mesmo inicialmente comentado polo propio presidente
Rajoy sucedeu un desmentido rotundo primeiro polo
secretario de estado e, posteriormente, polo propio
presidente do goberno.
De novo Rajoy desméntese a si mesmo sinalando nunha
entrevista á Cope que se a recadación evoluciona
favorablemente, como o está a facer, este ano
devolverase a paga extra de 2012 aos funcionarios,
engadindo do xeito máis cínico ao que nos ten
acostumad@s que a supresión desta paga foi un "de
los momentos más duros" que viviu como político.
Reclamámoslle a el e ao seu acólito na Xunta que
nos devolvan o diñeiro e os dereitos que nos
roubaron todos estes anos.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript