Xullo de 2015
 
 

NÚMERO 280 - 06/07/2015

   CUTUDC / Novidades

  STOP DESAFIUZAMENTOS A CORUÑA
 

Violencia policial na protesta contra a lei mordaza

Dende STOP Desafiuzamentos A Coruña, ante os feitos acontecidos onte día 30 na concentración contra a Lei Mordaza queremos manifestar o seguinte:

 

  • Noticias relacionadas

 

Apoiando a convocatoria estatal de No Somos Delito, ás 20h concentrámonos unhas 400 persoas de forma pacífica no Obelisco para protestar contra a Lei Mordaza, que dende hoxe é firme. A concentración moveuse uns metros para protestar diante da sede da Fundación Ab...anca dada a presencia alí do Presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo, responsable e representante de boa parte das políticas que atentan contra os nosos dereitos. Nese momento un forte despliegue policial cunha actitude chulesca e violenta, montou un cordón e comezou a ameazar aos compañeiros e compañeiras de que se nos multaría.
 
Ante a interpelación dun compañeiro pedindo explicacións por estas medidas, o xefe do operativo dixo que non precisaba de identificarnos, que “yo os conozco a todos y no necesito identificaros”, recoñecendo así as listas de activistas que dende o noso colectivo temos denunciado. A tensión policial contrastaba co ambiente tranquilo e reivindicativo da protesta.
 
Tras estar alí un tempo, a manifestación dirixiuse pola rúa Real cara a Subdelegación do Goberno. Ó chegar alí, e antes de poder ler o manifesto, apareceron de novo os antidisturbios e sen mediar palabra comezaron a empurrar á xente, inmobilizaron e retiveron a unha persoa pola forza, retorcéndolle os brazos, baixo a excusa de que “estaba cortando o tráfico”. Cando a xente, alarmada, acudiu a pedir explicacións, non tiveron reparos en aporrear sen ningún tipo de control e ensañándose con algunhas persoas ás que ameazaron previamente con frases do tipo “a ti y a ti os tenemos ganas y vamos a ir a por vosotros”. Unha destas compañeiras foi brutalmente agredida tirándoa deliberadamente ó chan e sendo golpeada con crueldade repetidas veces. Como proba disto, adxuntamos varias fotografías nas que podemos ver as consecuencias deste ensañamento.
 
Nos últimos anos en manifestacións como esta nunca houbo incidentes violentos: unicamente os provocados polos antidisturbios demostrando a súa intención de amedrentar ós colectivos que reivindicamos os nosos dereitos. A nova Lei Mordaza non fai máis que legalizar e sistematizar estas prácticas de abuso de poder. Por todo isto esiximos a dimisión do xefe de operativo responsable destes actos, a do Subdelegado do Goberno e do Delegado do Goberno como responsables políticos directos, e a disolución das unidades antidisturbios como corpo pensado para reprimir a sociedade civil.
 
Non nos queremos esquecer de amosar o noso agradecemento a tódalas persoas que non teñen medo. Con ou sen Lei Mordaza imos seguir defendendo os dereitos e liberdades de todas nós.
 
‪#‎STOPREPRESION
 
 
VIDEO

 

 


 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript