NÚMERO 280- 06/07/2015
CUTUDC / Novidades
Máis colaboracións.
Situación económica
Época
convulsa na universidade, os medios de comunicación
arremeten contra política económica desenvolvida, semella
que non se souberon facer os números. O caso é que sen
transición pasamos do discurso da suficiencia, onde os
problemas económicos tíñaos outra universidade, a estar no
pozo, endebedados até as cellas e sen previsión de saída
porque a solución pasa por endebedarse para facer fronte á
situación, se agora non hai cartos para dar saída ao máis
necesario, co pago da débeda e dos intereses que levará
aparellado será imposible.
Contención
Malo
cando a universidade ten que recorrer ao contencioso para
dobregar á Xunta, cando un se mete nos xulgados sabe como
entra pero non sabe como sairá, en todo caso non se pode
pensar que se vai gañar, hai que prepararse para anos
difíciles, o que parece claro é que Novaluce ten os días
contados. Sexa quen sexa o reitor que saia das vindeiras
eleccións aplicará a receita da “contención” e, por
referencias externas e internas xa sabemos o que iso
significa.
Reunións, correos electrónicos...
A
actividade do reitor e equipo intentando contrarrestar o que
se publica na prensa non deixa de ser chocante, se teñen
razón, e non son quen para dicir o contrario, debería ser
fácil manifestalo e que se entendera publicamente. Non me
soa ben que as cousas estean desenvolvendo deste xeito.
Preocupada
Estou
moi preocupada polo que está a suceder, son
interina, a situación económica pode ter
consecuencias nas plantillas, seguro que
calquera cousa que pase terá como primeira
consecuencia que desaparezamos dos postos de
traballo, pasou na empresa privada, somos
kleenex de usar e tirar en casos coma estes. Só
vos pido que non sexades como o resto de
sindicatos que viron como os traballadores
nesta situación ían desaparecendo e non fixeron
nada.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript