Xullo de 2015
 
 

NÚMERO 280 - 06/07/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Convocatoria de funcionarización

No DOG do día 1 de xullo publícase a RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2015 pola que se convocan probas para a execución do proceso de funcionarización do persoal laboral fixo desta universidade.

 

  • Noticias relacionadas

 

Na convocatoria establécese:
 
4. Solicitudes.
 
As persoas que desexen tomar parte neste proceso de funcionarización deberán solicitalo no formulario segundo o modelo que figura como anexo III desta convocatoria.
 
As solicitudes dirixiranse ao xerente da Universidade da Coruña no prazo de 20 días naturais, que conta a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.
 
A presentación das solicitudes farase no Rexistro Xeral da Universidade na Coruña (edificio da Reitoría, rúa da Maestranza, nº 9, CP 15001), nos rexistros auxiliares (Casa do Lagar, Elviña-Campus da Coruña, e Edificio de Usos Administrativos, Esteiro-Campus de Ferrol), ou por medio das restantes formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).
 
As persoas aspirantes que padezan algunha discapacidade poderán indicalo no recadro número 15 da solicitude e solicitar, se fose o caso, as posibles adaptacións de tempos e de medios para realizar os exercicios en que esta adaptación sexa necesaria, cuestión que se indicará no recadro número 16.
 
As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fagan constar nas súas solicitudes, e poden unicamente solicitar a súa modificación mediante un escrito motivado, dentro do prazo establecido nesta base para a presentación de solicitudes. Transcorrido ese prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, agás causa excepcional sobrevida e xustificada e discrecionalmente apreciada pola Comisión Cualificadora.
 
Ir ao DOG da convocatoria
 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript