Xullo de 2015
 
 

NÚMERO 281 - 13/07/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Cúmprense os compromisos?

Até agora o equipo de goberno repetía machiconamente como si dun mantra se tratara: que a universidade estaba saneada e que as súas prioridades eran mantemento do persoal e as bolsas e axudas ao estudantado. Que as contas non están saneadas e que existe un burato orzamentario xa o sabemos e polo que parece padeceremos as súas consecuencias. Hoxe tratamos, polo tanto, sobre mantemento do persoal.

 

  • Noticias relacionadas

 

Son moitos os documentos onde se reflicten estes compromisos, sen ir máis lonxe, nas últimas sesións do Claustro realizadas:
 
Na acta da sesión ordinaria do Claustro do 6 de maio de 2014 Respecto da acción social, o reitor explica que “esa baixada, que non supuxo máis que un 17%, foi feita para podermos responder, no exercicio 2014, ás nosas prioridades: mantermos os cadros de persoal, e as axudas e bolsas aos estudantes”.
 
Na acta da sesión ordinaria do Claustro do 3 de decembro de 2014 no punto 3. Informe da Vicerreitora de Planificación Económica e Infraestruturas sobre as liñas xerais do orzamento para o ano 2015 sinalaba:
 
“En canto ás prioridades de gasto, mantéñense as sinaladas na programación plurianual: mantemento do persoal, bo tratamento a bolsas e axudas a estudantes, con axuste de gastos en bens correntes e infraestruturas”.
 
Se ben nos papeis, na RPT, mantense ese compromiso , a realidade é ben distinta. Segundo as nosas contas non se cubriron:
 
Ferrol:
1 Aux. de servizos na Politécnica Superior en quenda de tarde
1 Aux. de servizos na E.U. Politécnica en quenda de tarde
1 Conserxe CC. do Traballo
1 Baixa de 6 meses de aux. de servicios na Vicerreitoría
 
A Coruña
1 Aux. de servizos Conserxaría de Elviña 1 en quenda de mañá
1 Técnico sup. equipos informát. e electró. CITEEC quenda partida
1 Téc. sup. en calidade UTC
1 Téc. sup. coordinador en deportes Área de deportes
1 Posto base Servizo de Estudantes
1 Administrador Administración - UXAI-ELVIÑA
1 Arquitecto técnico
 
A carencia de persoal ten xa consecuencias, especialmente en Ferrol, onde ademais do establecido na Réxime de vacacións e horarios de verán 2015 a Facultade de Ciencias do Traballo estará pechada desde o 3 ao 28 de agosto, Facultade de Enfermaría e Podoloxía pechará, en quenda de tarde, 27ao 31 xullo e o Edificio de Apoio ao Estudo pechará en agosto polas tardes, a pesares do que se recolle no réxime de vacacións e horarios.
 
Defendemos e defenderemos sempre que os postos de traballo sexan cubertos na súa totalidade. Que os postos de traballo reflectidos na RPT non estean ocupados representa un incumprimento do compromiso adquirido polo sr. reitor. 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript