NÚMERO 281 - 13/07/2015
CUTUDC / Novidades
A Central Unitaria de Traballadores/as ven de denunciar á Universidade da Coruña, diante da Inspección de Traballo e Seguridade Social, por denegar o uso das horas sindicais á súa representante no Comité de Empresa.
A denegación
do dereito á utilización desas horas sindicais
incumpre, por unha parte, o parágrafo segundo do
artigo 65 do
III Convenio Colectivo do Persoal Laboral da
Universidade da Coruña que establece:
“A Xerencia da Universidade, co obxecto de
permitir o desenvolvemento efectivo das tarefas de
representación sindical, arbitrará as medidas
oportunas procedendo, se for o caso, a reforzar o
servizo correspondente co persoal necesario, de
xeito que as necesidades deste servizo non impidan
en ningún caso a actividade sindical.”
Por outro lado, a decisión da universidade
representa un incumprimento dos artigos 62, 63 e 64
do Estatuto dos Traballadores e dos artigos 2, 8, 9
e 10 da Lei Orgánica de Liberdade Sindical (LOLS).
Agardamos que a Inspección de Traballo restitúa a
legalidade obrigando á universidade a non poñer
trabas á actividade sindical.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript