Xullo de 2015
 
 

NÚMERO 281 - 13/07/2015

   CUTUDC / Novidades

  LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
 

A Mesa celebra a elección do poeta e activista Manuel María como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2016

O recoñecido poeta e incansábel activista a prol da nosa lingua e de tantas causas xustas, socio e xeneroso colaborador da Mesa, será xustamente homenaxeado pola sociedade galega como figura destacada do Día das Letras Galegas 2016.

 

  • Noticias relacionadas

 

A fala
 
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.

 
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

 
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

 
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

 
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
 
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

 
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte que agroma
a máis forte irmandade.

 
Renunciar ao idioma
é ser mudo é morrer.
Precisamos a lingua

se queremos vencer!
 
Manuel María (As rúas do vento ceibe, 1979)
 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript