NÚMERO 281 - 13/07/2015
CUTUDC / Novidades
O Real decreto 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, no caso do Comité de Empresa, e a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o caso da Xunta de Persoal, atribúen a estes órganos de representación dos traballadores e traballadoras distintas funcións para a súa defensa.
Para realizar
as tarefas de representación de forma efectiva un
requisito previo é ser informado polo goberno da
UDC de todos aqueles temas que poidan afectar ás
circunstancias laborais, económicas e sociais dos
traballadores e traballadoras do colectivo PAS da
UDC o que non ocorre na maioría das veces.
Na maioría dos casos, a información aos órganos de
representación do PAS na UDC, é transmitida polos
propios traballadores e traballadoras polo seu
coñecemento directo ou indirecto dos temas.
Por citar algúns dos últimos casos:
·
As
primeiras informacións dos problemas existentes na
UDC pola presenza de radon en edificios, foron
trasladadas aos órganos de representación polos
traballadores/as que desenvolvían os seus traballos
neses centros.
·
A posible
fusións de centros foi coñecida polos órganos de
representación por artigos aparecidos en prensa e
comunicacións de traballadores/as.
·
As obras a
realizar no ESCI no mes de agosto e que poderían
xerar problemas aos traballadores/as do centro foi
comunicado por estes mesmos traballadores/as.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript