NÚMERO 281 - 13/07/2015
CUTUDC / Novidades
O Parlamento Europeo aprobou este mércores o informe sobre o que non se poñía de acordo hai un mes, cando o presidente Martin Schulz decidiu pospoñer no último momento a votación sobre o acordo comercial con EUA (TTIP, polas súas siglas en inglés) por falta de consenso.
A resolución, que inclúe as
recomendacións da Eurocámara á Comisión Europea
(CE) para
a negociación do TTIP, saíu adiante co apoio
maioritario dos populares (PPE), socialdemócratas
(S&D;) e liberais (ALDE) grazas a un compromiso
sobre o asunto máis polémico para a Eurocámara, o
sistema de arbitraxe para os investidores.
Dentro do S&D; houbo votos discrepantes dende as
filas laboristas e dos socialistas belgas,
franceses e austríacos. Os eurodeputados do PSOE
votaron a favor da resolución e finalmente o
informe foi aprobado por 436 votos a favor, 241 en
contra e 32 abstencións
Os eurodeputados botaron man da linguaxe ambigua e
reclamaron á Comisión un sistema "non
discriminatorio" coas empresas locais ou
estranxeiras do que" formen parte "xuíces
independentes" e que "non" antepoña os intereses
privados aos públicos".
Artigo completo
Os partidos do sistema cada vez máis
desenmascarados.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript