Xullo de 2015
 
 

NÚMERO 281 - 13/07/2015

   CUTUDC / Novidades

  NEOLIBERALISMO
 

Reino Unido recortará as axudas de vivenda e bolsas universitarias

O ministro de Economía británico, George Osborne, anunciou un novo paquete de recortes sociais para os próximos cinco anos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Estas medidas anunciadas por Osborne na Cámara dos Comúns están en sintonía coa promesa de campaña feita polo primeiro ministro David Cameron e líder do Partido Conservador, que sorpresivamente gañou as eleccións de maio pasado cunha maioría absoluta e puido formar goberno por si só.
 
O presuposto presentado polo ministro para o exercicio 2015 e 2016 o primeiro dun goberno "tory" en solitario dende 1996, contempla unha primeira fase de recortes na asistencia social por 12.000 millóns de euros (16.800 millóns de euros) en tres anos.
 
Isto farase a través da eliminación da axuda de vivenda para menores de 21 anos e a transformación en préstamo da bolsa de manutención outorgada a universitarios sen recursos, explicou Osborne, segundo informou a axencia de noticias EFE.
 
A segunda fase, correspondente aos presupostos ministeriais, detallarase en setembro próximo.
 
Ademais, rebaixarase de 26.000 a 23.000 libras anuais (de 36.400 a 32.200 euros) en Londres a cantidade máxima que unha familia pode pedir en axudas estatais, mentres que as persoas en vivenda social con certos ingresos deberán pagar un aluguer a prezo de mercado.
 
Xunto cos esperados recortes, Osborne anunciou incentivos fiscais, ao elevar a 11.000 libras anuais (15.400 euros) o nivel de pagamento do imposto sobre a renda e reducir ao 18% a taxa de sociedades para 2020.
 
A partir de 2017, eliminarase o imposto de sucesións en vivendas de menos dun millón de libras (1,40 millóns de euros) para parellas casadas e a cadea pública BBC asumirá o canon que se paga por televisor para as persoas maiores de 75 anos.
 
Os municipios en Inglaterra e Gales terán potestade para ampliar o horario comercial nos seus distritos os domingos e festivos, cando actualmente se limita a seis horas o período de apertura das grandes superficies.
 
LibreRed/Telam
 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript