NÚMERO 281 - 13/07/2015
CUTUDC / Novidades
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, como xa é tradicional, convoca para o vindeiro Venres 17 de Xullo, de 2015 a IX Marcha a pé Ferrol-Mugardos Co lema: Móvete contra a impunidade. Planta de Gas: Peche Xá! Fóra da Ría!.
A saída será
ás 17:00hs (cinco da tarde), desde o Parque Carmelo
Teixeiro, en Caranza – Ferrol; percorrendo a ponte
de As Pías, Perlío, Barallobre, Maniños, Franza, A
Pedreira, Reganosa, Mehá e chegada ao Campo dos
Carneiros en Mugardos, onde se celebrará un sinxelo
acto de confraternidade, con música e merenda.
Desde hai oito anos vimos marchando ano pos ano,
covocad@s polo
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol,
desde que o fixeramos por primeira vez en Xullo de
2007, trataba-se de solidarizar-se coa veciñanza de
Meá que comezara un peche na Casa do Concello de
Mugardos, peche que durou 111 días. Na dura loita
contra REGANOSA, desde 1999, o papel da veciñanza
de Meá, perante estes 16 anos foi e segue sendo moi
importante, mais estes 111 días de peche, foron
enriquecedores para o movemento social e cidadán
opositor a REGANOSA e ao seu despropósito gasístico
no corazón da nosa Ría: a Planta de Gas. [1]
As tácticas de Reganosa, para asentar-se na Ría de
Ferrol xogan co mecenado e cunha suposta, por non
dicir falsa, contribución ao desenvolvemento
industrial e a creación de emprego. O que supón de
chantaxe, nunha comarca en declive e
deprimida, social e economicamente. A pesar, non só
de ser un potencial perigo para a poboación que
moramos na contorna da ría de Ferrol (pois a
capacidade de destrución de Reganosa, e mesmo a dun
buque gaseiro, é similar a dunha bomba atómica,
maior que as que destruíron
Hirosima e Nagasaki en Agosto do 1945), senón
que tamén, por ser unha planta deficitaria desde
que se puxo en funcionamento, porque ademais do
custe millonario inicial, ven-nos custando a tod@s,
ano pos ano, ao redor de 60 millóns de euros.
Reganosa xoga ao mecenado con clubs deportivos; coa
construción dun museo que albergará ao desmantelado
(por eles mesmos) asentamento romano de Cadaval;
como fonte de ingresos en concepto de propaganda
(moitas veces encuberta) para os medios; con que
enche o peto municipal de Mugardos; ou que
dispara as estatísticas do Porto de Ferrol en
movemento de toneladas de mercancías ano; ... anda
ás voltas con Navantia, a Xunta de Galicia -que
puxo 222.000 euros- e a Autoridade Portuaria, para
un "proxecto" de buque gasofeiro que
desenvolvería a súa actividade con base en Punta
Promontorio, coa suposta perspectiva mundial
do aumento de buques que van utilizar o GNL como
combustíbel, establecendo un Hub de suministro de
LNG/GNL na Ría de Ferrol. Para o que solicitan xa,
a prevista ampliación da súa capacidade de
almacenamento de gas natural licuado. Sacrificando
unha vez máis a Ría, a nivel medio ambiental e
aumentando o perigo potencial de por si ameazada
seguridade e vida da poboación. Asunto ao que
o
Comité Cidadán xa manifestou a súa oposición.
O último de Reganosa é a solicitude de ampliación
da concesión das instalacións portuarias que ocupa
xunto a Forestal del Atlántico (Grupo
Tojeiro) que remata en 2017. Solicitude que se
realiza con dous anos de antelación! Asunto ao que
o
Comité Cidadán de Emerxencia ven presentar as
oportunas
alegacións, partindo en primeiro lugar de que a
concesión está feita a Forestal, e o cambio de uso,
ao compartila con Reganosa, debera iniciar un novo
trámite para concederlla, cousa que o
Comité ten denunciado.
Pasaron xa tres anos desde que o 11 de Maio de 2012
se ditou a
Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta
xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel. O
15 de Setembro de 2014, foi
admitido a trámite, polo Tribunal Supremo, o
Recurso de Casación contra a
decisión da Xunta de Galicia e o Concello de
Mugardos que denegan a nulidade do novo PXOM en
execución da mencionada Sentencia.
Tras a
Sentenza do Tribunal Supremo, que declara
ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir
o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos
públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa
ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?
O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE
FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA
ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E
ADMINISTRATIVOS ABERTOS:
COLABORA.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript