NÚMERO 283 - 07/09/2015
CUTUDC / Novidades
A galega Pepa Noia (Josefina García de Noia) foi a primeira nai en chegar o 30 de abril do 1977 á Plaza de Maio arxentina. As Madres de la Plaza de Mayo organizáranse nun tempo moi difícil, en plena ditadura de Videla, con gardas na emblemática praza para demandar a recuperación con vida das súas fillas e fillos "desaparecidas" e, xa posteriormente, ante o desacougo, protagonistas dunha das máis agridoces expresións de digna rabia, para esixir o xulgamento dos responsábeis políticos daquelas desaparicións e matanzas.
Pepa Noia era unha desas 14 persoas
que se atreveran a desafiar á policía e aos poderes
militares para manifestárense. “Cheguei moi cedo,
dúas horas antes da hora que acordamos. Non podía
durmir en toda a noite. Fun á praza, non había un
alma. Eran as pombas e eu. Un anaco despois
chegaron as outras mamás. Había unha moza que non
quixo dar o nome. (…) comezamos a dar as voltas
porque non podiamos ficar quietas, os policías
facíanos camiñar”.
O 13 de outubro do 1976 "desaparecera" María de
Lourdes Noia de Mezzadra, 29 anos, a súa filla.
Dicía Pepa “nunca, nunca, van dicir: 'la vimos
llorar a Pepa'. Eu choraba cando saía á rúa. Cando
ía nos "colectivos", tomaba asento para fumar e
choraba. Cando ía aos ministerios dicía: non hai
que mostrarlles a dor que unha ten. Tan logo como
saía, choraba como unha desgraciada todo o camiño.
Diante deles, xamais".
Corenta anos despois esta imprescindíbel muller,
símbolo dos máis altos valores humanitarios e de
loita, deixábanos para sempre sen ter nova ningunha
de María Lourdes. Que sexa vizosa a súa nova vida
na nosa memoria.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript