NÚMERO 281- 13/07/2015
CUTUDC / Novidades
Máis colaboracións.
Marcando diferenzas
Leo o
DOG habitualmente, hoxe, venres, aparece a
RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2015 pola que, en execución de
sentenza, se anulan dous nomeamentos como profesores
titulares de universidade. A UDC, neste caso, afecta a
dúas prazas de PDI recorreu até o Tribunal Supremo. Nunca,
que eu saiba, no caso do PAS chegou a este extremo, até
nestas cousas se plasman as diferenzas
Recortes
Non fai
falla ser moi listo para ver que se aproximan recortes, este
mes pasado púxosenos, negro sobre branco, a situación real
da economía da universidade. A Xunta tamén o puxo enriba da
mesa, se se quere diñeiro haberá que facer recortes. Seguro
que non se vos ocorre onde recortarán?. Temos que
prepararnos.
ESCI.
Incerteza
Os
traballadores que non eliximos agosto como período de
vacacións temos a comunicación de que, nese mes, o centro
permanecerá pechado unha semana por obras de
impermeabilización. Ás persoas que nos afecta o peche
xúrdennos varias preguntas que quixeramos que se nos
contestasen, entre outras: que vai a ser de nós no tempo de
peche, que alternativa laboral se nos propón. Será seguro
traballar inmediatamente despois de realizadas as obras?
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript