Setembro de 2015
 
 

NÚMERO 283 - 07/09/2015

   CUTUDC / Novidades

  MARCHAS DA DIGNIDADE
 

O 24 de outubro imosss!!!

Xa vai máis dun ano dende que as Marchas da Dignidade comezamos a mobilizarnos para reclamar Pan, Traballo e Teito. O 22 de marzo de 2014 xuntármonos máis dun millón de persoas en Madrid, o 29 de novembro pasado, en Galiza, enchermos a Praza do Obradoiro, e o 21 de marzo deste ano volveuse convocar unha gran manifestación en Madrid.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Pese a estas grandes mobilizacións en defensa dunhas condicións de vida dignas, o goberno do PP, co beneplácito de PSOE, continúa a gobernar de costas á meirande parte da poboación que sufre unhas políticas que cada vez nos empobrecen máis. Entre estas medidas atópanse a pérdida de dereitos laborais, os recortes e privatizacións de servizos públicos, e a perda de liberdades coa Lei Mordaza como exemplo.
 
A todo o anterior debemos engadir a entrega da soberanía do Estado á Troika, que é en última instancia quen controla a política económica do noso goberno, orientándoa coa complicidade deste cara o pago dunha débeda ilexítima e ilegal, que unha vez tras outra beneficia ás grandes empresas e fortunas arrastrando ao pobo traballador cara a miseria:
 
 Máis do 30% da infancia do Estado atópase en risco de pobreza e exclusión.
 
 En 35.500 fogares en Galiza e 770.000 fogares no conxunto do Estado non entra ningún tipo de salario, pensión, ou subsidio.
 
 A poboación en paro supera o 22%, mentres que entre a xuventude os datos ascenden ate case o 50% tanto para Galiza como para o conxunto do Estado. Por outra banda, quen traballa faino en condicións de precariedade, case sempre con contratos temporais e salarios ridículos que dificilmente permiten subsistir.
 
 Continúan os desafiuzamentos, aumenta a represión nas rúas, estase a condenar á mocidade á emigración, négasenos a asistencia sanitaria e os medicamentos que poden supoñer a curación de enfermidades mortais (caso da Hepatite C), destrúense os sectores produtivos tendo o exemplo do leite e a pesca en Galiza.
 
 Dáselle o poder do Estado a potencias estranxeiras e privadas coa firma do Tratado de Libre Comercio (TTIP polas súas siglas en inglés) e cedendo cada vez máis poder á OTAN.
 
 Cada día máis mulleres son vítimas da violencia machista sen que o Estado mova un dedo.
 
Por todo isto, e máis…, chamámoste a seguir mobilizándonos coas Marchas da Dignidade ate conquerir PAN, TRABALLO E TEITO para todas e todos.
 
Convocarase unha grande mobilización polas MMdD no Outono que se fará descentralizada, de xeito simultáneo, coordinada a nivel estatal na semana do 19 ao 25 de Outubro. Na Galiza, será o 24 de Outubro data na que volveremos a ocupar o Obradoiro con distintas marchas que confluirán para volver a encher a emblemática praza. O 24-O Imosss!!!
 
E para quentar motores o 8 de outubro se convocarán 7 manifestacións nas principais cidades galegas baixo o lema PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE. En Vigo faremos o percorrido habitual dende a Praza de Fernando o Católico ate a Porta do Sol.
 
Previamente, o 19 de Setembro, celebraremos a II Asemblea Galega das Marchas da Dignidade no Paraninfo da Universidade de A Coruña. Unha Asemblea, que, como a anterior celebrada en Teo, pretendemos plural e aberta a todos os colectivos, organizacións e persoas en pé de igualdade.
 
Para inscribirse, e participar temos aberto un formulario na web: http://marchasdadignidade.blogspot.com.es/
 
TELÉFONOS para programar a viaxe: 661.402.977 – 630.684.141 – 666.147.182

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript