Setembro de 2015
 
 

NÚMERO 283 - 07/09/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Permisos e licenzas

A Lei do Emprego Público incorporan normas novas que nos son de aplicación ao PAS da Universidade da Coruña. A concreción dalgunha delas precisa do acordo entre a Universidade e a Xunta de Persoal-Comité de Empresa.

 

  • Noticias relacionadas

 

Artigo 106. Reducións e adaptacións da xornada de traballo
 
1. O persoal funcionario ten dereito á redución da xornada de traballo diaria, coa percepción íntegra das súas retribucións, nos casos e coas condicións que se determinan a seguir:
 
b) Para atender ao coidado do fillo menor de idade por natureza ou adopción, ou nos supostos de acollemento preadoptivo, permanente ou simple dun menor, que padeza cancro (tumores malignos, melanomas e carcinomas) ou calquera outra enfermidade grave que implique un ingreso hospitalario de longa duración ou hospitalización a domicilio das mesmas características, e requira a necesidade do seu coidado directo, continuo e permanente acreditado polo informe do Servizo Público de Saúde ou órgano administrativo sanitario da Comunidade Autónoma ou, de ser o caso, da entidade sanitaria concertada correspondente, concederase unha redución por horas completas de polo menos a metade da duración da xornada de traballo diaria, como máximo ata que o menor faga os dezaoito anos, sempre que ambos os dous proxenitores, adoptantes ou acolledores de carácter preadoptivo, permanente ou simple traballen.
 
Regulamentariamente estableceranse as condicións e os supostos en que a redución de xornada prevista nesta letra poderá acumularse en xornadas completas, logo de negociación coas organizacións sindicais máis representativas nas administracións públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei.
 
Artigo 108. Permisos por falecemento, accidente ou enfermidade graves, hospitalización ou intervención cirúrxica dun familiar
 
Nos casos de falecemento, accidente, enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que precise repouso domiciliario dun familiar dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade, o persoal funcionario ten dereito a un permiso de dous días hábiles se o suceso se produce na mesma localidade e de catro días hábiles se se produce en distinta localidade.
 
Nos casos de falecemento, os días en que se faga uso dos permisos regulados neste artigo deberán ser consecutivos e inmediatamente posteriores ao feito que xera o dereito a el. Nos demais casos poderá facerse uso dos días de forma descontinua mentres persista o feito causante e ata o máximo de días establecido.
 
Artigo 131. Licenza para supostos de hospitalización prolongada
 
O persoal terá dereito a unha licenza sen retribución de ata un mes de duración no caso de hospitalización prolongada por enfermidade grave ou enfermidade que implique repouso domiciliario do ou da cónxuxe, da parella de feito ou de parentes que convivan co traballador ou a traballadora.
 
Disposición transitoria sexta. Ampliación da duración dos permisos por parto e por adopción ou acollemento
 
A duración dos permisos por parto e por adopción ou acollemento establecida na alínea primeira do artigo 121 e na alínea primeira do artigo 122 acadarase progresivamente consonte o seguinte calendario:
 
a) Dezaseis semanas no caso de nacementos, adopcións ou acollementos que se produzan durante o ano 2015.
 
b) Dezasete semanas no caso de nacementos, adopcións ou acollementos que se produzan durante o ano 2016.
 
c) Dezaoito semanas no caso de nacementos, adopcións ou acollementos que se produzan durante o ano 2017 e sucesivos.

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript