NÚMERO 283 - 07/09/2015
CUTUDC / Novidades
A Secretaría Xeral de Universidades no exercicio das súas competencias e de acordo co establecido no parágrafo 3 do artigo 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, en relación co disposto no artigo 9 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, inicia o trámite de información pública do Proxecto de decreto polo que se regula a inspección no ámbito universitario na Comunidade autónoma de Galicia, mediante a súa exposición na páxina web desta consellería, durante un período de quince días hábiles.
As suxestións ou recomendacións
recibidas serán tidas en conta polo órgano
encargado da redacción do texto do proxecto, que
poderá asumilas ou rexeitalas a través dun informe
final, no cal cada unha recibirá unha resposta
razoada, agás nos casos de recoñecida e notoria
urxencia, nos que a resposta poderá ser común para
todas aquelas suxestións que formulen cuestións
substancialmente iguais.
Título da disposición: Proxecto de decreto
polo que se regula a inspección no ámbito
universitario na Comunidade autónoma de Galicia
Órgano administrativo: Secretaría Xeral de
Universidades.
Estado de tramitación: Información pública
(dende o 26 de agosto ata o 11 de setembro de
2015).
Forma de remisión das suxestións: Por vía
telemática a través do correo electrónico
suxestions.sxu@edu.xunta.es. As persoas que
desexen presentar unha suxestión deberán facilitar
os seguintes datos : Nome e apelidos, DNI e correo
electrónico.
(Nota: Os datos recibidos serán empregados
unicamente para os fins relacionados coa
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria e en todo momento respectarase o que
sinala a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro de
Protección de Datos de Carácter Persoal e Real
Decreto 944/1999, do 11 de xuño, polo que se aproba
o Regulamento de medidas de Seguridade dos
ficheiros automatizados que conteñan datos de
carácter persoal).
Proxecto de decreto polo que se regula a
inspección no ámbito universitario
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript