Setembro de 2015
 
 

NÚMERO 283 - 07/09/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Situación económica

De todas coñecida a situación económica pola que atravesa a universidade debido ao “desfase orzamentario” orixinado pola diferenza entre Xunta de Galicia e UDC á hora de interpretar o Plan de Financiamento.

 

  • Noticias relacionadas

Precisamente, polos medios de comunicación, utilizados polo reitor, unha vez máis, antes de dar coñecemento da situación nos órganos de goberno da universidade, soubemos que parece que as cousas van a “amañarse”.
 
Nunha intervención en Radio Coruña, Cadena SER, o reitor sinalou que
“o problema de liquidez da institución está en vías de solución ante o compromiso da Xunta de corrixir con medidas puntuais a situación no próximo Plan de financiamento.”. Non obstante na última reunión (29 de xullo) da Comisión de Asuntos Económicos delegada do Consello de Goberno, sinalóusenos que o acordo co Xunta contemplaba un “plan de axuste” consistente nun recorte que abrangue os anos 2015 e 2016 e que contemplado na seguinte táboa:


 
(En miles de euros)

DESCRICIÓN DA MEDIDA

CAPÍTULO

2015

2016

Reformulación da convocatoria única (pendente) e de axudas de residencia (en marcha)

IV

165

194

Eliminación das bolsas propias de colaboración en departamentos, iniciación á investigación (duplican ás do ministerio)

IV

 

122

Bolsas de transporte

IV

 

75

Redución da asignación a bibliotecas

VI

100

30

Créditos descentralizados para funcionamento de centros e departamentos

II e VI

250

50

Actualización da estrutura de centros e departamentos da UDC

I e II

 

300

Compra de enerxía eléctrica no mercado, evitando comercializadoras. Campañas de aforro enerxético

II

60

90

Organización cursos e xornadas

II

20

 

Financiamento a grupos

VI

250

100

VNCNT: equipamento

VI

150

 

Vric: OCV e mobilidade

 

40

 

VPEI: investimentos

VI

200

100

 

 

1.235

1.061

 
Como podemos observar o plan de axuste reduce, dun xeito substancial, as bolsas. Aínda sen acordar o epígrafe “Actualización da estrutura de centros e departamentos” parece contemplar o plan de fusión de centros e departamentos. Redúcese en 100.000€ a asignación a bibliotecas.
 
A este plan de axuste engadiríaselle un remanente de nómina de 600.000€ a finais de ano que se destinaría a enxugar o déficit.
 
Neste momento descoñecemos o alcance das declaracións do reitor. O día 8 convocouse unha nova reunión da Comisión delegada de Asuntos Económicos onde agardamos se nos informe do seu significado.
 
Ao coincidir coa reunión da Xunta de Persoal terémonos que repartir para estar presentes, tamén, na reunión da Comisión de AAEE.

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript