Setembro de 2015
 
 

NÚMERO 283 - 07/09/2015

   CUTUDC / Novidades

  PROXECTO DE LEI DE ORZAMENTOS DO ESTADO
 

Unha tomadura de pelo máis para as/os traballadoras/es da administración pública

No último PASquín que publicamos antes das “vacacións” informabámosvos de que en Madrid os sindicatos maioritarios e o goberno cociñaban un acordo para que o PP se presentase ás eleccións de decembro correndo un tupido velo sobre os anos de recortes, descrédito, desprezo... que desde o poder político despregaron contra todas e todos as traballadoras e traballadores da administración pública.

 

  • Noticias relacionadas

 

Para debilitar a resposta aos recortes tanto na administración pública como nos dereitos económicos, laborais e sociais dos e das súas traballadoras non dubidaron en divulgar e promover os tópicos sobre o colectivo de funcionarios e funcionarias, especialmente o da vagancia.
 
Foi precisamente un dos representantes deste zafio xeito de facer política, o sr. Antonio Beteta (o do cafelito) o encargado de presentar as distintas medidas contidas no Proxecto de Lei de Orzamentos do Estado para as empregadas e empregados públicos e que dixo "se negociaron coas centrais sindicais".
 
Como xa vos sinalabamos as medidas anunciadas foron:
 

  • Cando xa nos recortaron o 30% do noso poder adquisitivo anúnciasenos a ridícula recuperar o 1% do poder adquisitivo en 2016 (casualmente ese é o mesmo incremento que os sindicatos maioritarios asinaron como incremento máximo para as traballadoras e traballadores da empresa privada.
  • Reintegro da paga extra de Nadal de 2012: un 25%  antes das eleccións e o outro 50% para o ano. Este ano eleccións estatais e o vindeiro eleccións autonómicas.
  • Recuperación dun día moscoso e de 3 canosos (ao cumprir os 8, 10 e 12 trienios); nin tan sequera se restitúe a situación anterior ao comezar aos 8 trienios cando antes era aos 6
  • Taxa de reposición do 50% (e o 100% en sectores prioritarios, entre eles a sanidade e a educación, tamén a universitaria), os sectores “non prioritarios” seguirán desangrándose.
 
O ano 2016 Feijoo intentará estender a amnesia entre os traballadores e traballadoras da administración autonómica.
 
Insistimos. Non chega con facer declaracións de rexeitamento. Pensamos que só recuperaremos o que nos roubaron se presionamos de verdade e con persistencia tanto ao goberno central como ao autonómico poñendo a nosa dignidade por riba dunhas poucas migallas.

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript