NÚMERO 283 - 07/09/2015
CUTUDC / Novidades
O Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña chama á participación do persoal laboral nas mobilizacións convocadas coa finalidade de loitar pola recuperación do artigo 19 do Convenio colectivo e contra os recortes de medios e persoal nos nosos centros.
DATA: 17 de setembro de 2015
(xoves) HORA: De 11,00 horas ata 13,30 horas.
LUGAR: Zona de entrada da SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO
NA CORUÑA.MINISTERIO DE FACENDA E ADMINISTRACIÓNS
PÚBLICAS.-Avenida da Mariña, 23.15003 A Coruña.-
DATA: 24 de setembro de 2015 (xoves): De 10,30
horas ata 13,30 horas. LUGAR: Zona de entrada do
T.S.X. Galicia. Praza de Galicia, s/n. 15004 A
Coruña.
O motivo de ditas CONCENTRACIÓNS é demandar á Xunta
de Galicia a defensa dos servizos sociais, contra
os recortes en atención directa e contra a
privatización. Denunciando as especiais condicións
de traballo do persoal dos centros de Residencias
de Maiores, centros de Menores e CAPD A Coruña,
especialmente as derivadas da anulación do artigo
19 do Convenio Único do Persoal Laboral que ao
estar suprimido pola Xunta, impide a compensación
en descanso do traballo en domingos e festivos."
=> DIFUNDE E PARTICIPA !!!
=> POLA RECUPERACIÓN DO ARTG. 19 E AS COMPENSACIÓNS
POR TRABALLO EN DOMINGOS E FESTIVOS!!!
=> CONTRA OS RECORTES DE MEDIOS MATERIAS E DE
PERSOAL NOS CENTROS DE BENESTAR!!!!
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript