Setembro de 2015
 
 

NÚMERO 284 - 14/09/2015

   CUTUDC / Novidades

  REUNIÓN DO SECRETARIADO NACIONAL
 

O Secretariado da CUT aposta polo 24-O

Na sesión plenaria do máximo órgano da CUT, o Secretariado Nacional, celebrada onte, volveu a se incidir na aposta pola convocatoria do 24-O, que congregará en outubro e novamente na Praza do Obradoiro a todo o tecido socio-político organizado ao redor das Marchas da Dignidade (MMdD).

 

  • Noticias relacionadas

 

Destacouse tamén a importancia dos traballos preparativos e deliberativos que terán lugar na II Asemblea Nacional das MmdD que se celebrará na cidade da Coruña o vindeiro 19 de setembro baixo inscrición previa.
 
A CUT defende a necesidade de xerar as condicións subxectivas para un cambio real, que transcenda o podrecido réxime institucional e económico actual, e que signifique incidir no protagonismo que a unidade popular e obreira na rúa debe ter neste proceso, como motor de calquera transformación social que se pretenda duradeira. Neste sentido as MMdD son o instrumento chave neste momento a reforzar para avanzar na dirección do Pan, o Traballo e o Teito para todas e todos, un camiño longo e duro mais acolledor ao paraugas da dignidade e a unidade das clases populares do noso país.
 
Iremos dando conta do programa de actos, mobilizacións e encontros que se xestarán ao longo do país preparando esta grande mobilización do 24 de outubro que debe ser necesariamente un novo éxito do movemento obreiro e popular galego. 24-O, imos!
 
Outras decisións do noso SN:
 
Co obxecto de reforzar as sesións deliberativas novas compañeiras e compañeiros incorporáronse ao Secretariado Nacional, reestruturándose e colexiándose as responsabilidades, cun deseño organizativo que nos permita responder máis rápido e dunha maneira máis organizada ás diferentes tarefas da CUT, quedando composto desta maneira o organismo:
 
Secretaría de Organización: Ricardo Castro onda o compañeiro Manolo Camaño (Secretario Xeral da CUT).
 
Secretaría de Mulleres: Xenma Novelle, Eva Pallás e Raquel Lema.
 
Secretaría de Formación: Raquel Lema e Brais González.
 
Secretaría de Economía Social e Movementos Sociais: Pancho Niño e Berto Covelo.
 
Secretaría de Comunicación: Brais González e Xabi Castro.
 
Secreataría de Acción Sindical: Ricardo Castro e Xosé Manuel Romero 'Churum'.
 
Secretaría de Relacións Internacionais: Manolo Camaño e Ricardo Castro.
 
Secretaría de Finanzas: Maruchi Álvarez e Eva Pallás.
 
Nesta sesión, centrada na axenda de mobilización protagonizada polas Marchas da Dignidade e a reorganización interna, a CUT decidiu tamén que unha delegación participará no Congreso do noso sindicato irmá Sindicato Andaluz de Trabajadores (SAT), que se celebrará no mes de outubro en Osuna (Sevilla).

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript