NÚMERO 284 - 14/09/2015
CUTUDC / Novidades
España, con máis de tres millóns de persoas que viven nunha situación de privación material severa, sitúase no cuarto lugar entre os máis desiguais da UE, o que pon en evidencia “a ineficacia” do sistema fiscal para reducir a desigualdade, segundo Oxfam Intermón.
No seu estudo ‘Europa para a maioría, non
para as elites’, esta ONG desvela que España é un
dos países onde máis aumentou a desigualdade de
ingresos e o número de persoas pobres, e no que as
políticas redistributivas implantadas polos
gobernos son “menos eficaces na loita contra a
desigualdade”.
Se en 2013 o noso país ocupaba o
posto décimo quinto con maior desigualdade de
ingreso de mercado, é dicir, antes de impostos e
transferencias, unha vez aplicados colócase no
cuarto lugar europeo en canto a desigualdade.
“É incomprensible que nun momento de
crise, onde se necesita protexer aos máis
vulnerables, as medidas que se adoptan son as
contrarias”, sinalou nun comunicado José María
Beira, director xeral de Oxfam Intermón.
Beira lembrou que por unha banda
reduciuse o investimento en políticas públicas e
por outro púxose en marcha “un sistema fiscal que
beneficia aos que máis teñen e empobrece á
maioría”.
En España, o 90 % da recadación do
Estado provén dos impostos directos e indirectos
dos cidadáns, mentres que as grandes empresas só
achegan un 2 % do total”, dixo Teresa Cavero,
responsable de investigacións de Oxfam Intermón e
autora do informe.
Pola súa banda, Lara Contreras,
responsable de incidencia política da ONG, sinalou
que o borrador de Orzamentos Xerais do Estado para
2016, que se está debatendo, “non reflicte unha
vontade política de corrixir o aumento da pobreza e
a desigualdade, senón que ao contrario”.
De aprobarse eses orzamentos
“profundaríase a brecha social” nun momento en que
a poboación española en risco de pobreza e
exclusión está preto do 30 %, comentou Contreras,
para quen é "imprescindible” que os partidos
incorporen nos seus programas medidas que reduzan a
desigualdade e incrementen o gasto social que
beneficie” aos máis vulnerables”.
O informe resalta que a pobreza e a
desigualdade alcanzaron ”niveis alarmantes” en
Europa, e entre 2009 e 2013, o número de europeos
vivindo con severas privacións materiais (sen
diñeiro suficiente para quentar os seus fogares ou
afrontar gastos inesperados) incrementouse en 7,5
millóns de persoas ata chegar aos preto de 50
millóns que viven nesta situación.
Segundo a ONG, hai 123 millóns de
europeos vivindo en situación de pobreza, case unha
cuarta parte da poboación, mentres o continente ”é
o fogar de 342 milmillonarios”.
Entre as causas deste incremento
figuran as medidas de austeridade aplicadas na
maioría dos países europeos desde o inicio da crise
e as decisións en políticas fiscais, tanto na súa
vertente de recadación como de gasto público.
Canarias Semanal
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript