Setembro de 2015
 
 

NÚMERO 284 - 14/09/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Comisións de servizo

Próximas a concluír un número indeterminado, aínda que considerable, de comisións de servizo na escala técnica, ao se producir a funcionarización en xaneiro de 2014, compre facer algunha consideración para coñecemento de todas/os.

 

  • Noticias relacionadas

 

A comisión de servizos permite que un posto de traballo que quede vacante (temporal ou definitivamente), poida cubrirse, en caso de urxente e inaprazable necesidade, cun funcionario que reúna os requisitos establecidos para o seu desempeño na relación de postos de traballo.
 
A nosa intención é que, para preservar a integridade da RPT, se cubran todas as prazas mediante este procedemento ou, as que non se poidan cubrir deste xeito, se faga mediante a utilización das listas de agarda, até a súa ocupación definitiva.
 
Unha das características máis importantes das comisións de servizo é a súa temporalidade. Na normativa en vigor contémplase:
 
As comisión de servizo terán una duración máxima dun ano e poderán prorrogarse por outro máis caso de non se ter cuberto o posto con carácter definitivo. No suposto de que, transcorridos dous anos, o posto siga vacante, a persoa funcionaria que o ocupa en comisión de servizos cesará e poderase conceder, conforme aos criterios establecidos nesta resolución, unha nova comisión a outra persoa funcionaria, no caso de que persista a urxente e inaprazable necesidade para a súa cobertura.”
 
Polo tanto, todas as compañeiras e compañeiros nesta situación, transcorridos o máximo de dous anos establecido na normativa cesan na comisión de servizos e volven ao posto que teñen en propiedade.
 
Nestes últimos meses na Xunta de Persoal recibiuse unha solicitude de vari@s compañeir@s que pedían a convocatoria dun concurso específico para a escala técnica de servizos.
 
Neste momento esta convocatoria é imposible dado que un dos requisitos para poder participar e inscribirse no concurso e a de ter cumpridos dous anos no destino anterior, cousa que non caso d@s compañeir@s que o solicitan non sucederá até o mes de xaneiro de 2016.
 
Compre, polo tanto, axilizar os procedementos o máis posible para que, cumprindo o establecido na normativa, o proceso de cese e nomeamento nunha nova comisión de servizo sexa o máis áxil posible. Así se lle requiriu ao xerente en anteriores reunións e ser lle volverá a facer na reunión que convocou para o día 16.
 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript