NÚMERO 284 - 14/09/2015
CUTUDC / Novidades
O Xulgado do Social número 1 de Compostela vén de lle dar a razón á traballadora da limpeza hospitalaria que esixiu o seu dereito á conciliación laboral e familiar, reducindo a súa xornada e distribuíndoa de luns a venres e en quenda de mañá, fronte ás reiteradas oposición da empresa CLECE SA, que se negou ao recoñecemento deste dereito.
A sentenza que
afonda na xurisprudencia constitucional sobre
conciliación, e que entende que o dereito a
acompasar a vida laboral e familiar está
directamente conectada co dereito fundamental á
igualdade do artigo 14 CE recórdanos que "a
interpretación do seu contido ha facerse primando o
dereito da traballadora en ralación aos seus
fillos, frente ao intereses organizativos do
empresario, debendo prevalecer a posición que sexa
máis idónea para a atención do menor, de tal forma
que só nos casos extermos, e acreditado que a
redución solicitada prexudica gravemente os
intereses do empresario, poderá denegarse a
petición".
A maxistrada considera malia que cando "redución de
xornada implique unha modificación, ben no sistema
de quendas ou no número de días da prestación de
servizos non lle corresponde automaticamente á
traballadora tal concreción, senón que se deben
ponderar as circunstancias concorrentes", por moito
que Clece se opuxo a posibilitar o exercicio deste
dereito alegando un prexuízo empresarial non se
empregou en demostrala. Entendendo que desvirtuar o
exercicio dun dereito fundemantal como o é o de
igualdade require non dunha mera alegación
baldeira, senón a proba de que "prexudica
gravemente" os intereses do empresario.
Esta sentenza ten moitísima importancia no contexto
das contratas da limpeza e, en concreto, no seo
desta empresa, onde se abre unha fenda para que as
traballadoras en diferentes réximes de quendas e
xornadas semanais rotatorias poidan estabilizar a
súa vida laboral e familiar e non verse na obriga
de teren que renunciar ao seu posto de traballo nun
mundo que aínda segue a condenar ás mulleres a
seren as únicas, ou cando menos principais,
responsables dos coidados familiares.
A CUT considera un éxito esta sentenza e felicita á
compañeira que se atreveu a dar esta batalla, e
loitará por estender os efectos desta sentenza a
todas as traballadoras con necesidades
conciliatorias en CLECE SA, que recibiu unha
contundente resposta polos xulgados composteláns.
NE: A tradución das referencias á sentenza corre da
conta da CUT, como mostra do atraso da
normalización da nosa lingua na Administración de
Xustiza.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript