NÚMERO 284 - 14/09/2015
CUTUDC / Novidades
Como vos comunicamos, nun anterior Pasquín, a CUT denunciou á Universidade diante da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social por denegar o uso das horas sindicais á súa representante no Comité de Empresa.
Esta circunstancia, destapa, unha
vez máis, o verdadeiro “talante” do equipo de
goberno da universidade que despreza @s
traballador@s conculcando os dereitos sindicais das
súas representantes ao mellor estilo da dereita e
do empresariado máis reaccionario.
A citación para a comparecencia na Inspección de
Traballo está fixada para día 21 setembro
ás 12:30 horas. "
A vulneración dos dereitos de representación
sindical á que está sometida esta compañeira
non é algo illado no Campus de Ferrol,
especialmente no que se refire ás conserxarías.
Compañeir@s ás que cambian de centro de xeito
reiterado e con “controis” dos horarios por parte
incluso da vixilancia son algo “habitual” nun
Campus no que compre tomar medidas para restituír a
normalidade.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript