Setembro de 2015
 
 

NÚMERO 284 - 14/09/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Extra. Moscosos. Canosos...

Segundo as noticias que proveñen dos sindicatos que se sentaron a negociar coa dirección da función pública o día 10 de setembro, na reunión do Consello de Ministros do día 11 aprobaríanse unha serie de medidas todas elas grazas á súa intercesión.

 

 

Sinalan nalgunha nota de prensa que, ademais da devolución do 26,23 por ciento da extra de 2012  “A Administración rectifica a súa posición de xullo e acepta a proposta sindical de recuperar os días de permisos arrebatados no 2012, restituíndo os días de libre disposición, por antigüidade ("canosos") e os catro días adicionais por vacacións, sendo de aplicación xa a 2015 tres días de antigüidade.
 
Todas estas medidas terán carácter básico e potestativo, o que significa que serán de aplicación directa na Administración Xeral do Estado e nas outras Administracións, en función da disposición económica de cada unha delas”
 
De momento o sr. Feijoo, coas eleccións ás portas manifestou a súa vontade de proceder segundo ese acordo, porque se os recortes na administración pública foron bestiais, na administración galega foron aínda maiores.
 
A acordado polos sindicatos do sistema non nos devolve o que nos roubaron. Non se pide perdón polo indigno trato recibido, polo desprezo co que se tratou ás traballadores e traballadoras da administración pública para que a sociedade vise con bos ollos os recortes que se nos impoñían. Non nos devolven o valor dos días que nos roubaron. Que pasará en Galiza co recorte do complemento específico que se nos ven aplicando desde o ano 2013?. E os descontos por enfermidade?. Para todo isto non hai resposta
 
O sinalado polos sindicatos ratificouno o goberno na Conferencia de prensa da vicepresidenta e portavoz do Goberno logo da reunión do Consello de Ministros
 
O Consello de Ministros do día 11/09/2015 aprobou un Real Decreto Lei polo que se materializan medidas en materia de emprego público, concédense créditos extraordinarios e suplementos de crédito no orzamento do Estado por importe total de 630.571.641,30 euros e adóptanse outras medidas de estímulo da economía.
 
1.MEDIDAS EN MATERIA DE EMPREGO PÚBLICO
 
a) Recuperación de parte da paga extraordinaria e adicional dos empregados públicos correspondente ao ano 2012, cuxo importe será o equivalente a 48 días ou ao 26,23 por 100 do importe deixado de percibir. A Administración correspondente realizará o abono dentro do exercicio 2015, sempre que a súa situación económico-financeira o permíta; de non permitilo, o abono poderá facerse no primeiro exercicio orzamentario en que dita situación o permíta.
 
b) Modificación do Estatuto Básico do Empregado Público:

 

  • Permiso por asuntos particulares: 6 días ao ano, con carácter xeral 
  • Permisos por asuntos particulares por antigüidade: poderán establecerse ata 2 días adicionais ao cumprir o 6º trienio, incrementándose, como máximo, en 1 día adicional por cada trienio cumprido a partir do 8º. 
  • Vacacións: Cada Administración poderá establecer ata un máximo de 4 días adicionais de vacacións. Na Administración Xeral do Estado terase dereito a 23 días de vacacións ao ano aos 15 anos de servizo; a 24 días aos 20 anos, a 25 días aos 25 anos e a 26 días aos 30 anos de servizo. 
 
No caso da Administración Xeral do Estado será directamente aplicable en 2015, a gozar ata o próximo 31 de xaneiro.
 
No resto de Administracións Públicas, será directamente aplicable en 2015 para os días de permiso por asuntos particulares, e a gozar ata o 31 de xaneiro. O resto (días por antigüidade e vacacións), a decidir por cada Administración.

Real Decreto-ley 10/2015, de 11 de septiembre, por el que se conceden créditos extraordinarios y suplementos de crédito en el presupuesto del Estado y se adoptan otras medidas en materia de empleo público y de estímulo a la economía.
 
En campaña electoral o goberno utiliza todas as súas armas para conseguir perpetuarse nas respectivas poltronas. O goberno ten unha arma máis nos obedientes e dóciles sindicatos e úsaa tamén. Non pararemos até conseguir que se nos restitúan todos os dereitos expropiados.

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript