NÚMERO 284 - 14/09/2015
CUTUDC / Novidades
A intensa axenda de recortes que a Xunta aplicou nos últimos anos no ámbito do emprego público abaratou o seu persoal. En só catro anos, o Executivo de Feijoo rebaixou a partida destinada a gastos de persoal en 339,5 millóns.
Dos 1.921,6
que investiu no 2009 pasou a 1.582,02 no 2013,
segundo os datos das liquidacións da conta xeral
que o Consello de Contas recolle no seu último
informe de fiscalización. Esas cifras evidencian,
con todo, que a Xunta encareceu o seu persoal en
120 millóns no 2008, coincidindo co estalido da
crise, para iniciar despois os axustes.
A tesoirada no gasto de persoal tivo lugar nun
contexto marcado polo alixeiramento do persoal ao
servizo da Administración autonómica. Os límites
impostos nas taxas de reposición foron
determinantes na supresión de máis de 4.100
empregos entre xaneiro do 2010 e o mesmo mes do
2013. Pero nesa rebaixa dos gastos da Xunta no seu
cadro de persoal tamén sumaron as restricións sobre
as retribucións e as condicións laborais do
funcionariado. O efecto do recorte do 5 % que
arrastran nas súas nóminas desde xuño do 2010 (por
decisión do Goberno Zapatero ) e da retirada da
extra de decembro do 2012 (imposta polo Goberno
Rajoy) agravouse entre o persoal da Xunta e as tres
universidades pola diminución das dúas pagas extras
que o Executivo de Feijoo empezou a aplicar no
2013.
Os datos das liquidacións que Contas incorpora no
seu informe constatan que o groso do recorte nos
gastos de persoal céntrase nos funcionarios, con
266 millóns dos 339,5 rebaixados entre o 2009 e o
2013. De acordo coas cifras compiladas polo
fiscalizador, que non inclúen ao persoal do Sergas
(con 33.331 traballadores en xaneiro deste ano), a
Xunta tiña 6.216 funcionarios menos no 2013 que no
2009. Nese período, a diminución entre o persoal
laboral foi de 2.539 empregos.
La Voz de Galicia
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript