O reitor
anunciou na reunión do Consello de Goberno do día
28/05/2015 que:
Ao se producir o cese do director do Servizo de
Normalización Lingüística asumirá as súas funcións
unha traballadora do servizo baixo a supervisión do
secretario xeral. Como
diciamos, sen a remuneración correspondente polas
novas responsabilidades.
A consolidación desta situación que modifica de
facto e de xeito unilateral, a RPT, é inaceptable
para o noso sindicato e para o colectivo, a parte
da falta de lexitimidade a toma desta determinación
pon de manifesto, unha vez máis, a consideración
que esta panda de “progres” ten do Persoal de
Administración e Servizos ao que se lle modifican
as condicións laborais sen ningún problema e ao
diferenciar entre quén ocupa (PDI ou PAS) unha determinada praza
para remunerala ou non.
Temos que lembrar que o PDI non só cobra un
importante complemento pola realización destas
tarefas que son propias do PAS, tamén se
lle computan
para outras circunstancias como a da súa promoción
…
Temos que significar que este “pesebrismo” (está
pensado para dar de comer ao PDI próximo ao equipo
de goberno de turno) é un insulto para o Persoal de
Administración e Servizo que sofre o intrusismo
profesional.
Fronte a este xeito de “gobernar” están os exemplos
das universidades máis próximas. Sen ir máis lonxe
a Universidade de Vigo ven de asinar o
ACORDO SOBRE A ESTRUTURA DE XEFATURA E COORDINACiÓN
DO PERSOAL LABORAL DE ADMINISTRACiÓN E SERVIZOS DA
UNIVERSIDADE DE VIGO