Setembro de 2015
 
 

NÚMERO 284 - 14/09/2015

   CUTUDC / Novidades

  CRISE-ESTAFA
 

O prezo dos alimentos en España sobe o dobre que os salarios en agosto

Os prezos dos produtos de primeira necesidade continúan crecendo nunha sociedade cunha elevada taxa de paro e con traballadores empobrecidos, froito da precariedade laboral e salarial. Froita, hortalizas, legumes, peixe e aceites seguen subindo mentres os soldos e subsidios non reflicten ese incremento.

 

  • Noticias relacionadas

 

A taxa anual do Índice de Prezos de Consumo (IPC) situouse en agosto no -0,4%, cinco décimas por baixo da rexistrada no mes de xullo. O IPC volve así a taxas negativas, principalmente polo descenso no prezo de combustible e electricidade, mentres que o custo dos alimentos e bebidas non alcohólicas subiu un 1,9%, con especial incidencia en legumes e hortalizas frescas.
 
Neste sentido, tendo en conta a subida dos prezos en alimentación, a subida salarial pactada, de ata o 1%, “quedará moi lonxe de dar unha resposta social a graves situacións económicas ás que fan fronte os fogares españois”. Sinala que o 46% das familias teñen dificultades para chegar a fin de mes, segundo a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU).
 
Esta situación de taxas negativas, que corresponde a un momento determinado, claramente influído polo descenso no prezo do cru, non é máis que unha situación pasaxeira, ata que non se cre emprego de calidade, se incrementen as partidas destinadas a empregabilidade e se establezan unhas condicións estables no mercado laboral, o consumo non se reactivará.

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript