Setembro de 2015
 
 

NÚMERO 284 - 14/09/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Situación económica

Nos xornais destes últimos días o reitor sinalaba, logo de anunciar que non se presentaría á reelección, referíndose ao novo plan de financiamento que «O novo reitor vai ter unha situación mellor que a destes anos» (La Voz de Galicia La Opinión). Se ben as afirmacións do reitor poden ser certas, a realidade é que, neste momento, a institución pasa por unha difícil situación económica na que a Consellería de Facenda esixe a aplicación dun rigoroso plan de axuste para enxugar o déficit orixinado polo desfase orzamentario.

 

  • Noticias relacionadas

 

Na reunión da Comisión de Asuntos Económicos Delegada do Consello de Goberno do pasado 08/09/2015 informouse do seguinte:
 
- Situación da Tesourería: Esta semana espérase unha recuperación do ritmo de pago a provedores. Atenderanse as obrigas a terceiros ata 06/2015 quedando pendente de pago as obrigas de 07/2015 e 08/2015, uns 3.5 millóns aproximadamente.
 
- Plan de financiamento 2016/2020: Informa a Vicerreitora de que nas negociacións para establecer a estrutura do novo plan, no referido aos indicadores propostos pola Xunta de Galicia, parece que os facilitados pola Xunta na última reunión son distintos dos acordados pola Comisión anterior achegadas polo grupo de traballo e moito menos concretos. Non se pode saber si un reparto baseado nestes criterios prexudicaría ou beneficiaría á UDC, pero cando menos parecen uns criterios aleatorios e pouco claros.
 
- Respecto da situación económica da UDC: Informa a Vicerreitora de que existe un retraso nas negociacións con Facenda do Plan de reequilibrio para a UDC, que pretende a minoración do déficit da UDC (déficit conxuntural e en termos de contabilidade nacional).
 
Sen embargo, hai gastos obrigados co inicio do curso, polo que no punto 4 da Orde do día propoñen levantar a paralización do gasto que se acordou desde xuño deste ano. Esta proposta ven acompañada dunha serie de cautelas para poder dar cumprimento ao plan de reequilibrio, logo de que rematen as negociacións.
 
Decídese aplicar unha retención do 35% con carácter definitivo e sin liberar crédito xa durante este exercicio.
Caso aparte é o dos grupos de investigación, que se liberaría o 100% dispoñible pero  dos que o reparto fora inicialmente sólo do 50% (retense a metade do restante 50%). Infórmanse tamén das retencións concretas que se farán en créditos dos servicios centrais
.

A  noticia xa se publicou na prensa 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript