Setembro de 2015
 
 

NÚMERO 285 - 21/09/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Moito por facer

Se, coa funcionarización, vimos insistindo en que a modificación da RPT que se está a negociar debe contemplar o barrado de todas as categorías e a incorporación do Grupo B que aparece na Lei do Emprego Público referímonos a que o barrado debe contemplar absolutamente todos os postos de traballo, incluídos os de Auxiliar técnico de biblioteca, rematando, deste xeito, con anos de pertenza ao colectivo de PAS funcionario sen que se tivese en conta esta circunstancia que lles impediu a promoción sen mobilidade.

 

  • Noticias relacionadas

 

Presentada polo xerente a posibilidade de establecer unha promoción á marxe da que está recollida no acordo de funcionarización e do grupo C2 a C1 acordamos propoñer a negociación dun calendario de promocións no que, segundo o noso criterio, terían prioridade os Auxiliares técnicos de biblioteca.
 
Non rematan coa RPT as necesarias adaptacións, produto da funcionarización, das diferentes normativas. Sen ir máis lonxe será preciso incluír as novas categorías da escala técnica tanto no baremo de concurso como no regulamento de comisións de servizo.

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript