NÚMERO 285 - 21/09/2015
CUTUDC / Novidades
Traballadores e traballadoras de Correos esixen ao Goberno español que repoña entre 2.000 e 3.000 empregos para 2015. En caso contrario, ameazaron con “un outono quente que podería estenderse en pleno proceso electoral”.
@s
traballador@s instan á empresa pública a cumprir
coa Lei xa e acabar así coa precariedade laboral e
os 15.000 despedimentos que se produciron desde
2008. Ante isto, aseguraron que non van consentir
máis demoras” no proceso de reposición de
traballadores e traballadoras.
@s traballador@s reclaman que a convocatoria de
emprego sexa publicada durante o mes de setembro,
“pola contra, as accións de presión, sindicais e
legais activaranse con todas as consecuencias”,
sentenciaron. Ademais, lembraron que Correos
pertence ao Ministerio de Emprego, polo que as
consecuencias das súas queixas poderían repercutir
directamente na campaña electoral de cara ás
próximas eleccións xerais.
A crecente precariedade laboral foi denunciada
durante as numerosas mobilizacións que se
convocaron nesta última tempada. Cabe lembrar,
tamén, que o persoal de Correos xa convocou unha
folga para os días 4, 15 e 22 de maio, en vésperas
das eleccións autonómicas e municipais, nas que a
compañía se encargaba de xestionar o voto por
correo.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript