NÚMERO 285 - 21/09/2015
CUTUDC / Novidades
O pasado día 16 na reunión que a Xunta de Persoal mantivo coa Xerencia informóusenos de que a universidade está á espera das achegas económicas e das decisións políticas que adopte a Xunta para levar a efecto o establecido no Real Decreto-ley 10/2015, de 11 de septiembre, por el que se conceden créditos extraordinarios y suplementos de crédito en el presupuesto del Estado y se adoptan otras medidas en materia de empleo público y de estímulo a la economía, no que se refire á restitución da paga extra de decembro de 2012 e dos días adicionais por antigüidade (canosos e vacacións).
Como sinalamos
en anteriores artigos, o PP está en campaña
electoral na administración pública. Conformamos un
colectivo considerable e hai que darnos o caramelo
(non son populistas) para que, como cordeiriños,
depositemos o voto.
Aínda así, no proceso de restitución do que nos
roubaron (non nos devolven a totalidade do que nos
recortaron) @s traballador@s da administración
pública galega, imos a distinto ritmo que @s
compañeir@s da administración central. Feijoo
escamotéanos, unha vez máis con fines
electoralistas, esa parcial recuperación para facer
coincidir unha parte da mesma en 2016 ano das
eleccións autonómicas.
Seguro que estes días lestes e ouvistes moito ao
respecto, para que vos poidades situar imos facer
un resumo da situación no que afecta @s
traballador@s da administración pública galega.
Día adicional por asuntos propios,
aplicarase de xeito inmediato porque así o
determina o Real Decreto. En Galiza, antes do
recorte tiñamos 9 días, de asuntos particulares,
agora coa restitución deste día que se contempla no
RD, temos 6.
Extra de 2012
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript