Setembro de 2015
 
 

NÚMERO 285 - 21/09/2015

   CUTUDC / Novidades

  MARCHAS DA DIGNIDADE
 

19S. Asemblea Galega polo pan, o traballo e o teito

A Asemblea nacional das Marchas da Dignidade que este sábado 19 de setembro dende as 10.30 horas deu voz no coruñés Paraninfo da Maestranza a todas as persoas que durante todo este proceso se foron sumando á xusta e necesaria reivindicación de Pan, Traballo e Teito, servirá para afondar na construción da anceiada unidade popular e obreira de cara ao 24 de outubro, na que estas demandas volverán ateigar a praza do Obradoiro.

 

  • Noticias relacionadas

 

Foron as compañeiras e compañeiros da plataforma da Coruña as que correron a cargo da organización dunha asemblea con dous puntos centrais: a análise do Estado actual das Marchas e o deseño dun plan de futuro para despois da mobilización do 24-O.
 
En tempos de confusión organizada e desidia é cando lle corresponde aos diferentes movementos populares dar un paso firme á fronte en defensa da xustiza social e a transformación.

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript