NÚMERO 285 - 21/09/2015
CUTUDC / Novidades
O pulo pola sanidade pública, universal, gratuíta e de calidade é unha constante no noso pobo. Malia que queda moito camiño por percorrer, no momento en que pensabamos que o valor que se lle dá ao público non é tal, unha mobilización de milleiros de persoas atronou Vigo para demostrar que sabemos estar no lugar no que temos que estar.
Este domingo,
tivemos unha nova oportunidade para seguir
defendendo nas rúas a nosa Sanidade, diversas
demandas conflúen nunha marea branca contra a
privatización. A CUT non só se suma a esta
iniciativa senón que considera necesario colocar
tamén nas rúas un berro forte contra a
precarización das condicións laborais do persoal
sanitario e non sanitario do noso Servizo nacional
de Saúde.
Na Praza do Obelisco da Coruña e na Praza do Toural
de Compostela este domingo ás 12.30 horas deixamos
claro que somos perfectamente conscientes de que o
público é servizo e o privado beneficio. Que non
pasarán.
Manifesto lido na concentración.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript