Setembro de 2015
 
 

NÚMERO 285 - 21/09/2015

   CUTUDC / Novidades

  OPINIÓN - Ignacio Escolar
 

Catro exemplos populistas do Goberno de Rajoy

O mesmo Goberno que atrasou dous meses os Orzamentos de 2012 porque había eleccións andaluzas agora adiántaos porque hai eleccións xerais. Tanto antes como agora o motivo é o mesmo: populismo electoralista de brocha gorda, tan evidente que se explica case só.

 

  • Noticias relacionadas

 

En 2012, Mariano Rajoy quería esconder os recortes para favorecer a Javier Arenas; non lle funcionou. En 2015, Rajoy adianta as contas públicas porque quere vender a suposta recuperación económica; xa veremos se lle funciona.
 
—————-
 
No últimos cinco anos, entre os primeiros recortes de Zapatero e os que despois seguiu Rajoy, os funcionarios perderon preto dun 20% do seu poder adquisitivo, segundo os sindicatos. Hai unhas semanas, a poucos meses das eleccións, o Goberno anunciou unha subida do 1% no seu soldo. Unha de dúas: ou o Goberno toma aos funcionarios por idiotas ou confía en que polo menos non saiban moito de matemáticas.
 
—————-
 
¿Hai que reformar a Constitución? En menos dun mes o Partido Popular cambiou de opinión tres veces: do “non”, ao “si”, pasando polo “depende”. Aínda non chegou setembro e o último argumento para defender o “non se toca” é vergoñoso. Di o vicesecretario do PP Pablo Casado que “as democracias consolidadas non cambian as súas cartas magnas cada 30 anos”. Cabe preguntarse que entende Casado por unha democracia consolidada. A Constitución de Alemaña leva 60 reformas. A de Irlanda, 27. Francia vai por 24. Italia prepara a 13. A Constitución de Estados Unidos leva 27 emendas. E a española? Apenas dous retoques mínimos en 35 anos.
 
—————-
 
O mesmo Goberno de Rajoy que indultou a políticos corruptos, policías torturadores ou cómplices de agresores sexuais sen dar explicación algunha agora recorre ao seu portavoz máis cualificado, o presidente, para mostrarnos a súa graza, a súa piedade… a súa “pel”, que diría Floriano. Mariano Rajoy, en persoa, adiantou o indulto á avoa coraxe de Canarias, Josefa Hernández, porque é “de sentido común”. Tan de sentido “común” que é a primeira vez que un indulto se coñece antes de que apareza no BOE.

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript