Setembro de 2015
 
 

NÚMERO 285 - 21/09/2015

   CUTUDC / Novidades

  O DRAMA D@S REFUXIAD@S
 

Welcome refugees é suficiente?

Todos nos estremecemos cando vimos as imaxes de nenos mortos nas terras da vella Europa, con todo, esta é a realidade diaria nos países azoutados pola guerra imperialista.

 

  • Noticias relacionadas

 

Neste contexto, e ante o estupor do noso pobo, aparecen dúas posicións aparentemente enfrontadas, a que clama contra a entrada masiva de inmigrantes, e a que saúda a acollida dos refuxiados baixo a lema “Welcome Refugees”. Cal é a posición correcta de acordo aos intereses do pobo traballador?
 
Non gastarei demasiadas palabras en desenmascarar unha posición abertamente hipócrita e recalcitrante como a que sosteñen determinados sectores da oligarquía, xa que de seu, é recibida con rexeitamento por gran parte dos traballadores e os sectores populares.
 
O rexeitamento da oligarquía á acollida dos refuxiados que foxen das guerras que os propios monopolios provocan, só ten como finalidade o enfrontar aos traballadores entre si, facendo unha falsa división entre inmigrantes e nativos, instalando o medo ao falar da infiltración de terroristas, e servindo para evitar, que tanto os refuxiados como os traballadores españois sinalen xuntos ao seu inimigo común, o verdadeiro culpable da súa situación, que non é outro que o sistema capitalista e o poder dos monopolios.
 
Chegados a este punto, é necesario abordar a aqueles que non se sitúan fronte ao pobo traballador, senón que din estar do seu lado, e que tivo como resultado a xa masiva campaña do “Welcome Refugees”. A cuestión aquí é Prestar axuda humanitaria e refuxio ás vítimas da guerra imperialista, é suficiente en por si? A resposta é non.
 
Aínda que debemos considerar un deber internacionalista o acoller e protexer ás persoas que ven obrigadas a fuxir do seu país devastado polos enfrontamentos bélicos entre os distintos monopolios, esta posición vólvese hipócrita e baleira, senón sinálase a súa causa, que non é outra que a guerra imperialista.
 
Así, as forzas políticas oportunistas que hoxe din “Welcome Refugees”, onte apoiaban a intervención directa do exército en Siria en favor dos chamados rebeldes, ou hoxe mesmo apoian á OTAN nas súas actividades xenocidas en todos os lugares do mundo.
 
O pobo traballador non pode deixarse enganar por unhas posicións humanitarias baleiras e debe ter claro, que un apoio á acollida de refuxiados decae sen un firme compromiso contra a guerra imperialista que os provoca.
 
Unha posición de apoio á acollida de refuxiados sen unha esixencia da saída da OTAN e do resto de estruturas militares da que participa o noso país é unha posición completamente funcional aos monopolios, xa que sitúa o debate en termos de refuxiados si-refuxiados non, en lugar de expor o verdadeiro debate, Por que estas persoas foxen desesperadamente do seu país? Que papel xogan os intereses dos monopolios europeos e estadounidenses en ter en Siria un goberno proUE? Pode existir un capitalismo sen guerras imperialistas e de rapina en disputa polos recursos naturais e as rutas de comercio?
 
E é aí onde aparece o verdadeiro papel do oportunismo nesta cuestión, o papel de situar o debate en cuestións superficiais, evitando de maneira cómplice, o cuestionamiento do poder dos monopolios.
 
Non existe o capitalismo sen guerra, por tanto, xunto ao “Welcome Refugees” poñamos a “Pola saída da UE, a OTAN e o Euro”.
 
Luís Muñoz Gutiérrez

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript