Setembro de 2015
 
 

NÚMERO 285 - 21/09/2015

   CUTUDC / Novidades

  TRABALLO E BENESTAR
 

A mobilización continúa

Continuando co calendario de protestas @s traballador@s da xefatura territorial da Coruña da consellería de Traballo e Benestar concentráronse desde as 11,00 até as 13,30 horas na SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA CORUÑA.MINISTERIO DE FACENDA E ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS.

 

  • Noticias relacionadas

 

Aínda hai outra data establecida para unha nova concentración, que será o 24 de setembro de 2015 (xoves): De 10,30 horas ata 13,30 horas.LUGAR: Zona de entrada do T.S.X. Galicia. Plaza de Galicia, s/n. 15004 A Coruña.
 
O motivo de ditas CONCENTRACIÓNS  é demandar á Xunta de Galicia a defensa dos servizos sociais, contra os recortes en atención directa e contra a privatización. Denunciando as especiais condicións de traballo do persoal dos centros de Residencias de Maiores, centros de Menores e CAPD A Coruña, especialmente as derivadas da anulación do artg. 19 do Convenio Único do Persoal Laboral que ao estar suprimido pola Xunta, impide a compensación en descanso do traballo en domingos e festivos."
 
=> DIFUNDE E PARTICIPA !!!

=> POLA RECUPERACIÓN DO ARTG. 19 E AS COMPENSACIÓNS POR TRABALLO EN DOMINGOS E FESTIVOS!!!
 
=> CONTRA OS RECORTES DE MEDIOS MATERIAS E DE PERSOAL NOS CENTROS DE BENESTAR!!!!

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript