O pasado
martes o BOE publicaba a Lei que leva o ambiguo
título de "para reforzar a protección das menores e
mulleres con capacidade modificada xudicialmente na
interrupción voluntaria do embarazo", o cal supón
introducir o permiso paterno para as mulleres de
entre 16 e 17 anos, obrigándoas a ter o
consentimento d@s proxenitor@s.
Non deixa de ser curioso que se lles desposúa da
capacidade de decidir sobre os seus corpos, que se
lles suprima a posibilidade de que poidan prestar o
consentimento a que lles practiquen un aborto,
cando non o requiren do seu consentimento para
outro tipo de situacións:
Poden manter relacións sexuais a partires dos 13
anos Teñen responsabilidade penal desde os 14 anos
·
Poden facer
testamento desde os 14 anos
·
Poden
contraer matrimonio se están emancipadas desde os
14 anos (con dispensa do/a xuíz/a)
·
Deciden se
queren someterse a operacións cirúrxicas e a
tratamentos médicos ou farmacolóxicos agresivos a
partires dos 16 anos
·
Poden traballar a partires dos 16 anos
·
Poden
mercar fármacos sen receita a partires dos 16 anos
(e tamén a pílula postcoital)
A lei que non contén unha soa medida dirixida a
protexer ás mulleres, tan só consta de dous artigos
que suprimen os apartados relativos á libre
decisión das mozas. Con ela pretenden contentar a
esa parte de electorado máis ultraconservador, ante
o temor de que o silencio sobre este tema lles
supoña unha nova perda de votos nos vindeiros
comicios previstos para final de ano.
As mulleres seguiremos loitando mentres non sexamos
quen de acadar o dereito a decidir sobre os nosos
corpos. Porque a reforma non só é un ataque aos
dereitos das mulleres máis novas, trátase dunha
reforma eleitoralista e ideolóxica, por parte de
quen ten a responsabilidade de garantir os dereitos
á cidadanía, tanto os civís, como os
culturais, os sexuais e os reprodutivos, non de
restrinxilos.
Estes dereitos están recollidos, como dereitos
humanos fundamentais nos Tratados
internacionais desde os anos 90, acordos que foron
subscritos polo goberno do estado español e, polo
tanto, son de obrigado cumprimento para o goberno
galego.
Mais a realidade é que a Xunta de Galiza vulnera
estes dereitos de xeito reiterado na nosa área
sanitaria:
1º. O Dereito á atención e protección da nosa
saúde sexual e reprodutiva e a servizos de saúde
que ofrezan unha atención integral e de calidade.
Este tipo de atención préstase, case que de xeito
exclusivo, nos Centros de Planeamento Familiar, xa
que hoxe por hoxe son os servizos recoñecidos
internacionalmente como centros especializados
para dar unha atención integral e de calidade, en
materia de Saúde Sexual e Reprodutiva.
Nembargantes, na nosa área sanitaria estes centros
non están en condicións de garantir unha atención
integral e de calidade. Porque dous Centros de
Planeamento Familiar sempre foron insuficientes
para una poboación de máis de 152.000 mulleres. E
porque estes centros nunca foron accesíbeis xa que
están moi lonxe dos núcleos de poboación
comprendidos na súa área (ata 100 quilómetros de
distancia).
Toda esta panorámica, xa de por si moi preocupante,
vese agravada pola supresión da praza de
xinecoloxía e de auxiliar de clínica no COF do
Ventorrillo dende xaneiro do ano 2013. Isto supón
que as mulleres teñen que desprazarse ata o COF de
Beiramar para recibir atención xinecolóxica.
Ademais a xerencia do hospital suprimiu as
revisións xineco lóxicas das usuarias destes
centros para que se puidese asumir nun só centro a
instauración dos métodos anticonceptivos de toda a
area sanitaria, que supón un total de 37 concellos.
Esiximos pois que se cubra, de xeito urxente, a
praza de Xinecoloxía e a de auxiliar de enfermaría
no Centro de Planeamento Familiar do
Ventorrillo, e así recuperar as prestacións
anticonceptivas e xinecolóxicas as que ternos
dereito as mulleres.
Non podemos nin queremos esquecer tampouco o
incumprimento deste goberno na protección doutros
dereitos sexuais e reprodutivos coma son:
2º. O Dereito a decidir sobre as distintas
opcións reprodutivas
Para que este dereito poida ser efectivo
requírese non só o acceso aos métodos
anticonceptivos, aos servizos de interrupción
voluntaria do embarazo, á información e atención
sanitaria ás mulleres durante o proceso de
xestación, parto e puerperio; senón que tamén supón
que se poñan a dispor de todas as mulleres que
queren ser nais (sen que se impida selo ás mulleres
soas, ou aquelas sen parella masculina) as
posibilidades de facelo (servizos sociais, escalas,
vivencia, comedores, salarios e horarios que
permitan a crianza) e que as nais e os pais teñan a
posibilidade de facer compatible traballo e
familia.
Denunciamos a ausencia de políticas sociais,
sanitarias,educativas e laborais que apoien a
maternidade e paternidade libre e responsable.
3º, O Dereito a dispor dunha educación sexual de
calidade, libre de estereotipos e prexuízos morais,
ideolóxicos ou relixiosos, que favoreza unha
vivencia positiva e saudábel da sexualidade e que
lexitime os diferentes tipos de relacións, de
orientacións e de identidades sexuais.
Denunciamos a política educativa do goberno do PP
que fomenta unha educación afectiva e sexual
baseada na ideoloxía da igrexa católica e que
subvenciona aos colexios do OPUS DEI que segregan
ás nenas e aos nenos.
4º. O Dereito a liberdade e integridade
corporal.
Son moitas as violacións da liberdade e
integridade corporal das mulleres: a explotación
sexual, as agres1ons sexuais, o acoso sexual, a
prostitución forzada, a trata de mulleres, a
chantaxe afectiva en particular e o maltrato
psicolóxico en xeral, e calquera forma de relación
sexual coercitiva. Todas estas agresións son
incompatíbeis co dereito á liberdade e integridade
corporal, e teñen un impacto negativo sobre á saúde
e a vida das mulleres.
Para protexer este dereito fundamental é
indispensábel a existencia de recursos públicos e
de calidade, para axudar ás mulleres a enfrontar
todas estas manifestacións de violencia.
Denunciamos que os dispositivos públicos
especializados na atención integral a mulleres en
situación de violencia, as axudas económicas e
sociais, e o desenvolvemento da actual lei sobre a
violencia de xénero, son claramente insuficientes e
están a ser aínda máis minguados pola
administración, atentando así contra este dereito
fundamental.
Non podemos esquecer hoxe que neste ano en Galiza
xa foron asasinadas 6 mulleres pola violencia
machista (dúas delas meniñas).
E por último lembremo s o motivo da concentración
de hoxe: o 28 de setembro conmemórase o Día da
Acción Global por un Aborto legal, Seguro e
Gratuíto. Unha data na que mulleres de todos os
países do mundo saímos á rúa para esixir o dereito
a decidir por nós mesmas. Porque a maternidade non
é unha obriga, senón unha opción. As mulleres
ternos dereito ao aborto libre, sen máis causa que
a vontade da muller, e dentro da sanidade pública.
A participación cidadá é un garante para atinxir e
conservar os dereitos sexuais e reprodutivos, e as
liberdades, nunha sociedade democrática. Grazas á
mobilización social, á presión do feminismo, tomos
quen de conseguir a retirada da reforma da leí do
aborto, e mesmo a dimisión de Gallardón. Unha
vitoria acadada por todas as mulleres , que non
rematará até acadar a protección dos nosos dereitos
sexuais e reprodutivos. Seguiremos presionando ao
goberno para que retire o recurso de
constitucionalidade da actual lei de prazos, para
que derrogue esta absurda lei que impide decidir ás
mozas, e demandando un marco legal moito máis
amplo, que garanta a liberdade das mulleres.
DEREITO AO ABORTO XA!
ESTAMOS FARTAS DE
AGARDAR!
ABORTO LIBRE E NA SEGURIDADE SOCIAL, FORA
DO CÓDIGO PENAL!
Podes contactar con nós na páxina de facebook:
Plataforma A Coruña polo dereito ao aborto ou do
gmail:
mailto:pgdacorunha@gmail.com
MANIFESTO LIDO NA CONCENTRACIÓN