NÚMERO 287 - 05/10/2015
CUTUDC / Novidades
O Parlamento galego aprobou o 29 setembro, mediante o procedemento de lectura única, cos votos do PP e coa abstención de AGE, PSdeG e BNG, e o rexeitamento do Grupo Mixto, o proxecto de lei da Xunta que prevé devolver, "na nómina de outubro", parte da paga extra retirada en 2012 polo Goberno central e autonómico aos empregados públicos. Por outra banda Función Pública reuniuse cos sindicatos o pasado venres, día 2, para tratar sobre os canosos e días adicionais de vacacións por antigüidade. Ao peche do PASquín aínda non coñeciamos o tratado en dita reunión da que vos informaremos.
Trátase de
algo máis do 25 % (26,23 %) e recibirano "máis de
125.000 persoas" cunha media de "máis de 450
euros", segundo os datos achegados hoxe no
Parlamento polo conselleiro de Facenda, Valeriano
Martínez, que asegurou que esta medida terá un
custo para as arcas autonómicas de 56,5 millóns de
euros.
Por se fose do voso interese xuntámosvos as
emendas dos grupos da oposición no
Parlamento Galego ao Proxecto de Lei polo que se
aproba unha retribución de carácter extraordinario
en concepto de recuperación da paga extraordinaria
de decembro do ano 2012 dos empregados do sector
público autonómico de Galicia
Por outra parte Martínez indicou, ademais, que a
partir do día seguinte á aprobación desta medida,
convocará aos representantes dos empregados
públicos para "negociar" os días de libre
disposición e os días libres en función de
antigüidade que van recuperar.
Como sinalamos anteriormente a reunión á
que se referiu o conselleiro realizouse o venres
pasado. Resúltanos incomprensible que a Xunta
dilate a decisión sobre o goce deses días cando as
traballadoras e traballadores da administración
central xa os teñen habilitados desde hai case un
mes. Tampouco se nos ocorre ningunha razón para
presentar eses días como un asunto a negociar.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript