Outubro de 2015
 
 

NÚMERO 287 - 05/10/2015

   CUTUDC / Novidades

  O MILAGRE DE RAJOY
 

A taxa de protección aos parados sitúase en niveis inferiores ao comezo da “crise

A protección aos parados redúcese a un ritmo moito maior que o paro. Se no último o desemprego baixou un 7,95%, o número de parados con dereito a prestación fíxoo un 10,4%. Os beneficiarios de prestacións por desemprego rexistrados a finais de agosto ascenderon a 2.264.215, un 10,4% menos que no mesmo mes de 2014.

 

  • Noticias relacionadas

 

Así, a cobertura total do sistema de protección por desemprego situouse no 58,93%, fronte ao 60,45% dun ano atrás, o que supón un descenso da cobertura do 2,5%. É a taxa de cobertura máis baixa nun mes de agosto polo menos desde 2007.
 
Tamén baixan os gastos totais dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) en prestacións de desemprego: en agosto o Estado gastouse 1.750,1 millóns de euros en prestacións, un 13,6% menos que en igual mes de 2014.
 
O gasto medio mensual por beneficiario, incluídas as cotizacións á Seguridade Social e excluíndo o subsidio agrario de Andalucía e Estremadura, situouse en 791,4 euros, o que tamén supón un descenso de 29,2 euros (-3,5%) sobre o mesmo mes do ano 2014.
 
A contía media bruta da prestación contributiva percibida por beneficiario alcanzou en agosto os 784,2 euros, cun descenso de 7,8 euros sobre o mesmo mes de 2014 (-1%).
 
Pero non todo isto é tan negro: o número de solicitudes de prestacións ascendeu en agosto a 598.591, o que representa un descenso do 6,6% respecto de igual mes de 2014.
 
De acordo cos datos do Ministerio, no oitavo mes do ano tramitáronse en total 585.059 altas, un 8% menos que en agosto de 2014. O prazo medio de recoñecemento da prestación foi de 1,9 días, un 27,5% por encima do de agosto de 2014.
 
Os datos de prestacións sempre van cun mes de atraso respecto das cifras de paro. Por iso, Emprego publicou este venres as cifras do gasto en desemprego de agosto de 2015 e os datos de paro de setembro.
 
Axencias
 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript