Outubro de 2015
 
 

NÚMERO 287 - 05/10/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

A APA presenta o seu proxecto de Plan de Formación 2016-2020

Ante a discusión do Plan de Formación presentada pola Xerencia pendente de negociación coa Xunta de Persoal, a APA preséntavos o seu proxecto para que sexa avaliado polo colectivo, agardamos tanto aportacións que o enriquezan como propostas de modificacións que analizaremos. Entendemos, tamén, que, unha vez analizadas as propostas de cada sindicato e agrupación electoral na Xunta de Persoal, o resultado, debe ser discutido e aprobado polo colectivo antes de negocialo coa universidade.

 

  • Noticias relacionadas

 

Na APA non compartimos o que se presenta como único obxectivo do Plan por parte da Xerencia: a obtención dun manual de competencias (tal e como indica no título da súa proposta). Coincidimos na necesidade do manual de competencias e da formación por itinerarios profesionais, pero ese non pode ser o único obxectivo, para nos os principais obxectivos que debe cumprir o Plan de Formación deben ser, a mellora do calidade do servizo prestado á cidadanía e a promoción profesional e persoal do colectivo.
 
Coincidimos en que para mellorar a calidade do servizo que prestamos, será precisa a formación en competencias institucionais, da área de traballo e do posto. Sen embargo, consideramos tamén que á formación nesas competencias debe engadirse aquela outra que o colectivo considere necesaria e que non se contemple na establecida pola institución. Esta formación debe ser priorizada pola Comisión de Formación.
 
Na proposta da Xerencia nada se fala de establecer as necesidades formativas  do PAS, que para nos, ten que ser o paso seguinte á determinación das competencias e das solicitudes do persoal.  Só deste xeito se poderá establecer correctamente a formación. Para nos isto é moi importante para que non se sega a impartir a formación case que “a demanda”.
 
Outro tema, moi importante para a APA, é a distribución do orzamento da formación do que, unha vez mais, tampouco se fala na proposta da Xerencia.  Nos propoñemos que cando se faga a primeira proposta de formación anual, ao inicio do ano natural, a Xerencia presente a dita proposta coa distribución do crédito en función do tipo de formación ao que se destine (para competencias de postos e áreas, para a promoción profesional e para a formación institucional ou transversal).
 
A nosa proposta pode resumirse no seguinte cadro.  (Ver a proposta íntegra)
 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript