Outubro de 2015
 
 

NÚMERO 287 - 05/10/2015

   CUTUDC / Novidades

  MOVEMENTOS SOCIAIS
 

Protestas en España por manobras militares da OTAN no territorio

Activistas españois manifestáronse este sábado contra os exercicios militares da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) en España. “Negámonos a ser cómplices das masacres cometidas en beneficio do imperialismo norteamericano”, dixo a Plataforma anti-OTAN de Zaragoza nun comunicado.

 

  • Noticias relacionadas

 

O manifesto emitido o martes pola devandita plataforma en contra destas operacións subliña que a actividade militar que protagonizará a OTAN supón un risco para a poboación limítrofe, xa que é habitual que algúns proxectís impacten fóra das instalacións militares.
 
Así mesmo advirte que se espera que durante os exercicios militares se utilícen municións de uranio empobrecido que presentan niveis de radioactividade, e contaminan os chans agrícolas e acuíferos.
 
Pola súa banda, outras plataformas e asociacións fixeron fincapé en que tales manobras en chan español considéranse como un “acto de guerra” e unha “ameaza directa”.
 
As manobras desenvolveranse entre outubro e novembro na cidade de Zaragoza (nordés), e nelas participarán máis de 30.000 soldados dos países membros da Alianza Atlántica.
 
España, como principal fronteira entre Europa e África, situada entre o océano Atlántico e o mar Mediterráneo, é considerada zona estratéxica pola Alianza Atlántica.
 
A polémica presenza militar da Alianza Atlántica en España xerou múltiples críticas e protestas. O pasado 25 de abril, centos de persoas saíron ás rúas de Madrid (capital) para denunciar as bases militares da OTAN neste país europeo.
 
O eurodeputado español José Couso advertiu o pasado 23 de abril que o papel asignado a España pola OTAN suporá un perigoso aumento da escalada militar no continente europeo.
 
Os opositores ás políticas do Goberno español denuncian a postura belicista da Administración do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e tamén critican que se destinen miles de millóns de euros á compra de armas mentres o país vive unha severa crise económica.
 
LibreRed/HTV

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript