Outubro de 2015
 
 

NÚMERO 287 - 05/10/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES - RECORTES
 

Novos recortes na universidade española

As universidades arrincaron o curso cun lixeiro aumento do orzamento, de 140 millóns, que está moi lonxe de compensar o forte descenso que experimentou a institución no últimos cinco anos. De feito, pese ao ascenso do financiamento, as universidades contan hoxe con 1.384 millóns de euros menos que en 2010, pasando dos 10.118 millóns de euros aos 8.734

 

  • Noticias relacionadas

 

O investimento en educación universitaria supuña fai un lustro un 0,97% do Produto Interior Bruto (PIB), moi lonxe das cifras dos países europeos. Agora, ese investimento caeu e representa unicamente o 0,88% do PIB.
 
As universidades onde o recorte é máis aguilloado, segundo o informe, é a Politècnica de Catalunya, cun 26% menos de investimento, seguida da Internacional de Andalucía e a Politécnica de Cartaxena cun descenso do orzamento do 22,1% e do 21,7% respectivamente.
 
De maneira paralela, as universidades españolas están a ver un descenso notable do número de alumnos. Desde o curso 2011/2012, segundo os datos feitos públicos polo Ministerio de Educación, hai 77.000 estudantes menos nas universidades públicas.
 
Esta situación débese ao “aumento de taxas e a diminución de bolsas e axudas, o que provoca que moitos mozos renuncien a iniciar estudos universitarios ou deban abandonalos ao non ter capacidade económica para facer fronte ao prezo das matrículas”.
 
As cifras son alarmantes. No curso 2011/2012 outorgáronse 1.618 millóns de euros en bolsas das que se beneficiaron 793.949 persoas. Segundo as estimacións o curso pasado déronse 1.410 millóns de euros, dos que se beneficiaron 757.027 estudantes.
 
Finalmente, o informe tamén denuncia que durante o últimos tres anos “os recortes seguíronse cebando coa universidade pública, que, lonxe de beneficiarse da incipiente recuperación económica, segue reducindo o seu persoal a un ritmo preocupante”.
 
De feito, apuntan a que entre 2012 e 2015 perdéronse 7.766 postos de traballo, o que representa unha diminución do 5,1 % do profesorado e do 4,9 % do persoal de administración e servizos.
 
Fonte; A Marea.
Menea e vencerás...
 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript