NÚMERO 288 - 13/10/2015
CUTUDC / Novidades
O Consello de Goberno do día 22 de xullo acordou a formación da CEPREA, comisión que tiña como finalidade a de elaborar unha proposta de racionalización das estruturas académicas (centros e departamentos) da Universidade da Coruña. A comisión, despois da reunión realizada o pasado día 9, venres, está morta, aínda que formalmente segue coas súas actuacións.
Xa se pode aforrar o equipo de
goberno os seminarios que se comezarán a realizar a
vindeira semana e aos que se convidaron a
xerentes/vicerreitores de universidades do estado,
que recentemente acometeron procesos de
reestruturación das súas estruturas académicas e
que expoñerán como se realizou este proceso.
Despois de falar o presidente da comisión tomou a
palabra o representante da Escola Universitaria de
Deseño Industrial, logo de recoñecer que se lle
pasara o documento facía “dous días”, comezou a súa
disertación sinalando que se vai directamente
contra os órganos de representación da
investigación e da docencia.
Que votaba en falta a
referencia ao PAS e que lle parecía unha proposta que
atentaba contra a representación dos centros.
As
súas intervencións, houbo máis, foron sempre
manifestando unha oposición radical ao proceso.
Moitas veces a súa incontinencia verbal interrompeu
tanto ao vicerreitor presidente da comisión como a
outr@s persoas que tamén interviñeron na sesión.
Xosé Portela contestoulle sinalando o seu pesar
porque nin sequera se tomara a molestia de lerse a
acta da sesión anterior onde xa, a representación
do PAS manifestara que neste colectivo xa ai anos que
se realizou esta “racionalización” da que son
froito as UADI’s e as UXAI’s. Que se pretende, a
“racionalización” da “racionalización”?. Pena,
tamén que non lle dera tempo a lerse o propio
documento que, nas súas páxinas 36 e 37 sinala o
procedemento nos casos de afectación da
“racionalización”ao PAS.
Outros representantes de centros sinalaron, por un
lado que o momento non era o adecuado para tratar
este asunto pois nas eleccións a reitor seguro que
haberá xa un posicionamento ao respecto do que nos
levaba á reunión.
Outro decano sinalou que a decisión do seu centro era que
se posicionase sempre coa oposición...
Moitos dos presentes sinalaron que a falta de información lles
impedía a toma de posición sobre os puntos a tratar
na sesión
Xosé Portela manifesta que o que verdadeiramente
está a transcender na reunión é que moitos centros
xa tomaron a decisión de non aceptar, de ningún
xeito, a proposta de “racionalización”.
Pide que se
diga claramente e que de ser a posición maioritaria
se tome a decisión que corresponda.
O presidente da comisión pregunta sobre si se
entende que a comisión debe seguir funcionando e
sobre si serve o proxecto presentado, a resposta
maioritaria é que si. Non obstante e aquí fica a
cuestión máis transcendente é que se da un prazo
dun mes para solicitarlle á presidencia a
documentación e, a partir da información entregada,
traballar.
Por que dicimos que a comisión está morta, primeiro
porque moitos centros xa tomaron a decisión, aínda
que non o expliciten claramente de boicotear a toma
de decisións e xa, de xeito definitivo, porque
despois de dar un mes para a solicitude de
información iso colócanos en novembro cando xa
previsiblemente comece a campaña electoral.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript